A dirección de Lantero despide o presidente do comité de empresa, nunha medida -anunciada antes aos medios de comunicación que ao propio interesado- que dificulta a posibilidade dunha negociación.
Fálase
Case a metade dos e das traballadoras galegas gañaron menos de mil euros ao mes en 2013, segundo os datos que publicou este venres o INE. Galicia é a segunda comunidade cun maior recorte de soldos entre 2011 e 2013, un 3,25%
Pablo Iglesias será elixido secretario xeral de Podemos este sábado en Madrid. Ao acto, que pechará a asemblea da formación, asistirán, entre outros convidados, Alexis Tsipras, Sánchez Gordillo, David Fernández e Yolanda Díaz ou Martiño Noriega, en representación de AGE. Público ofrece unha longa entrevista con Iglesias e El Diario revela que varias multinacionais buscan "contactos discretos" con Podemos.
Philae leva a cabo as súas últimas horas de actividade sobre a superficie do núcleo do cometa 67P, xa que no lugar no que aterrou recibe moita menos luz do Sol da que sería necesaria para recargar as súas baterías
O foro Capital Network do Clúster TIC xuntou este venres en Compostela os responsables de nove proxectos TIC galegos cos seus investidores potenciais. Trátase de Avalingua, Cardi@ngel, Centum R&T, Opentrad, ParkApp, SetPay, Sigue tu liga, Situm e Todoencaja.
Tempos Novos lembra que a revista sacou á luz en 1999 a "fraude" na Fundación Cela pola que agora está imputada Marina Castaño
O Goberno galego endurece os requisitos para facerse parella de feito co obxectivo -defende- de loitar contra a fraude. O silencio administrativo pasa a ser negativo e as persoas que queiran constituír a parella deben presentarse fisicamente no rexistro. Dende 2008 constituíronse 10.817 parellas de feito en Galicia.
O Consello Consultivo afirma que Francisco Vázquez asinou en 2005 o convenio para a recuperación do antigo cárcere provincial sen a documentación necesaria e sen ter competencias para facelo. Esta análise pode facilitar a anulación do convenio, obxectivo do alcalde Carlos Negreira para conseguir que o espazo pase a titularidade municipañ
15 forzas políticas de todo o Estado español crearon un grupo de traballo do Parlamento europeo para defender a instauración dunha renda mínima na UE. O obxectivo é estender esta iniciativa ás restantes formacións da eurocámara.
Monago asegura que é "mentira" que pagase 32 viaxes a Canarias con cargo ao Senado, como publicou Público.es. O presidente extremeño asegura que só foron 16 e por motivos profesionais: "non cadra nin a cifra nin a data", mantén. Amosa, asemade, un extracto cos gastos da súa tarxeta de crédito persoal.