Tempos Novos lembra que a revista sacou á luz en 1999 a "fraude" na Fundación Cela pola que agora está imputada Marina Castaño

Tempos Novos lembra que a revista sacou á luz en 1999 a "fraude" na Fundación Cela pola que agora está imputada Marina Castaño
O Goberno galego endurece os requisitos para facerse parella de feito co obxectivo -defende- de loitar contra a fraude. O silencio administrativo pasa a ser negativo e as persoas que queiran constituír a parella deben presentarse fisicamente no rexistro. Dende 2008 constituíronse 10.817 parellas de feito en Galicia.
O Consello Consultivo afirma que Francisco Vázquez asinou en 2005 o convenio para a recuperación do antigo cárcere provincial sen a documentación necesaria e sen ter competencias para facelo. Esta análise pode facilitar a anulación do convenio, obxectivo do alcalde Carlos Negreira para conseguir que o espazo pase a titularidade municipañ
15 forzas políticas de todo o Estado español crearon un grupo de traballo do Parlamento europeo para defender a instauración dunha renda mínima na UE. O obxectivo é estender esta iniciativa ás restantes formacións da eurocámara.
Monago asegura que é "mentira" que pagase 32 viaxes a Canarias con cargo ao Senado, como publicou Público.es. O presidente extremeño asegura que só foron 16 e por motivos profesionais: "non cadra nin a cifra nin a data", mantén. Amosa, asemade, un extracto cos gastos da súa tarxeta de crédito persoal.
Paula Prado comparece esta mañá ante o TSXG como imputada no caso Pokémon. Despois de que o alcalde de Ferrol deixase de estar imputado no mesmo caso Feijóo defende esta situación como un motivo para a cautela e para manter as persoas imputadas nos seus postos.
A Federación Galega da Construción pide non "demonizar" as modificacións de contratos. Faino en plena polémica polo cambio, cunha lei a medida, da contratación da autovía da Costa da Morte.
Disquecool dá a coñecer os nove proxectos seleccionados para participar no Off Culturgal deste ano, que se celebrará entre o 5 e o 7 de decembro no marco do Culturgal.
O curioso incidente do can a media noite, de Mark Haddon, é o libro mái lido nos clubes de lectura das bibliotecas escolares galegas, segundo publica o blog Ler en mancomún. Ségueo O neno do pixama a raias (John Boyne), A praia dos afogados (Domingo Villar) e Cartas de inverno (Agustín Fernández Paz), nunha lista con obras tamén de Xulia Alonso, Marcos Calveiro e Pedro Feijoo.
O Supremo investigará a Chaves e Griñán polo caso dos ERE en Andalucía.