Dous xenetistas da USC estudan os efectos da endogamia nos Borbóns. A consanguinidade chega ata a Felipe de Borbón, cuxos pais tamén son parentes. Recólleo GCiencia.
Fálase
A Torre de Hércules da Coruña fai hoxe cinco anos como Patrimonio da Humanidade.
Os antidisturbios desfiuzan unha familia en Madrid con tres menores de idade, un deles de apenas 20 días. A PAH está a detallar as cargas policiais e presións á prensa que se seguen a producir na zona.
Multitudinaria manifestación en Lugo para reclamar os servizos de hemodinámica, radioterapia e medicina nuclear para o hospital da cidade, que o PP evita instalar a través de emendas no Parlamento. Cóntao El Progreso
A xuíza De Lara imputa o alcalde de Arzúa e o seu antecesor, do BNG, polo pagamento dunhas obras de asfaltado. Recólleo La Voz
El Diario traza un perfil de Alfredo Pérez Rubalcaba tras a súa decisión de abandonar a actividade política en canto deixe a secretaría xeral do PSOE. O PSOE puido con Rubalcaba
A Xunta non abrirá os comedores escolares no verán, senón que inxectará máis fondos para os bancos de alimentos, segundo a conselleira de Benestar. Recólleo Faro de Vigo.
Milleiros de persoas esixen en Lugo os servizos para o hospital que a Xunta leva prometendo dende 2011.
A esta hora preséntase en Compostela a entidade resultante da compra de Novagalicia Banco por parte do venezolano Banesco. Como transcendera hai días, os restos das caixas galegas operarán co nome comercial de Abanca.
A Sala do Civil e Penal do TSXG recibe a exposición razoada da xuíza Pilar de Lara sobre Paula Prado por se os feitos "puidesen ser constitutivos de infracción penal" no marco do caso Pokémon. Agora a Fiscalía terá que elaborar un informe ao respecto.