Obama amosa o seu apoio á política económica realizada polo Goberno de Rajoy, tras unha xuntanza de 45 minutos entre os dous líderes. O encontro do presidente norteamericano con Sánchez, Iglesias e Rivera reduciuse a tres minutos por cabeza
Fálase
Unha ducia de mozos e mozas iniciaron este sábado nunha marcha ciclista entre A Coruña e Ortigueira, impulsada por Greenpeace, que busca denunciar os efectos dos tratados comerciais TTIP e CETA nas distintas localidades que atravesrá. A campaña rematará na vila do Ortegal coincidindo coa celebración do Festival Internacional de Música Celta
Obama continúa coa súa visita oficial, destacando a "importancia" de manter unha "alianza forte" con España. Recorda que a primeira vez que visitou o país foi "con mochila". Greenpeace desprega un cartel contra o TTIP no centro de Madrid
CDC muda o seu nome a Partit Demòcrata Català, nome escollido pola súa militancia por diante de Partit Nacional e Junts per Catalunya
El País afirma que o PSOE revisará o seu non a Rajoy se roza a maioría absoluta con outros grupos. O xornal sinala que os socialistas critican que o PP non negociara aínda o apoio de Ciudadanos.
A Fiscalía pide un ano de prisión para Louzán por un delito de aceptación de suborno. Tamén pide que a esposa de Louzán, Teresa Cores, cumpra nove meses de prisión como cooperadora necesaria e o ex deputado do PP Severino Reguera, un ano por suborno impropio
Iron Maiden foron as grandes estrelas da xornada do sábado do Resurrection Fest, á que asistiron máis de 22 mil persoas
Obama iniciou este sábado pola noite a súa visita dun día a España. Este domingo reunirase co rei Felipe VI, con Rajoy e cos líderes dos outros tres grandes partidos.
Marea Granate denuncia que case 50.000 emigrados/as quedaron sen votar o 26X a pesar de solicitalo, sobre todo porque as papeletas non chegaron a tempo. É un 29% daqueles que inciaron os trámites
O Instituto Galego da Vivenda e Solo deu a coñecer este venres as 99 candidaturas ao Premio Galego de Arquitectura e o Premio Galego de Rehabilitación. Pódense consultar todas neste enlace da revista Arquitectura de Galicia