Fálase
- Esta mañá a Xunta entrega as Medallas Castelao a, entre outras, a ex eurodeputada do PP Carmen Fraga. O acto non se desenvolve no Panteon de Galegos Ilustres, como adoito, senón no compostelán Hotel San Francisco
Hoxe é o día grande das festas do barrio compostelán de San Pedro. A organización distribúe hoxe o barrio en espazos temáticos, entre eles o Espazo Cidadán, no que colabora Praza Pública (premer para ampliar o programa).
Pérez Tapias logra ser candidato á secretaría xeral do PSOE ao lograr 9.912 avais, 28 máis dos que precisaba. Competirá con Pedro Sánchez, que tivo 41.338 avais e Eduardo Madina, con 25.238. Cóntao El Diario.
Galicia poderase endebedar en 2015 un 40% menos que este ano. A débeda da Xunta vén de superar por primeira vez os 10.000 millóns de euros. Recólleo Faro de Vigo
Urbaser tensa aínda máis a folga do lixo en Lugo o despedir os membros do comité de empresa e impoñer 66 sancións máis. Recólleo El País.
A axencia Associated Press ofrece unha galería fotográfica centrada nos desafiuzamentos no Estado español.
IU encoméndalle a súa renovación ao deputado Alberto Garzón, que será tamén voceiro da coalición. En El Diario
Os Estados membros da UE acordan, malia ás reticencias do Reino Unido, propoñer o conservador Jean Claude Juncker como novo presidente da Comisión. Agora terá que ser ratificado polo Parlamento, onde conta co apoio de populares, socialistas e liberais.
O PP faise co goberno do Concello de Arbo grazas ao apoio do grupo independente que en 2011 avalou a investidura como alcalde de Xavier Simón, do BNG.
A revista Orgullo y Satisfacción, creada por debuxantes que marcharon de El Jueves tras a censura á portada sobre a Casa Real, anuncia que se editará cada mes a partir de setembro. Será en formato dixital e dende 1,50 euros.