Hernández evita un debate electoral na Cadena SER sobre rexeneración e medidas contra a corrupción. Será o seu número 3 quen debata con Francisco Reyes (PSdeG), Rubén Cela (BNG) e Martiño Noriega (Compostela Aberta).

Hernández evita un debate electoral na Cadena SER sobre rexeneración e medidas contra a corrupción. Será o seu número 3 quen debata con Francisco Reyes (PSdeG), Rubén Cela (BNG) e Martiño Noriega (Compostela Aberta).
Un pacto entre PP e Ciudadanos podería darlle a alcaldía da Coruña á dereita, segundo a enquisa semanal de Radio Coruña. O PSdeG quedaría con 6 concelleiros, a Marea chegaría aos 5, mentres que o BNG quedaría en 1. PP (11) e C's (4) poderían gobernar.
Pablo Iglesias, Yolanda Díaz ou Antón Sánchez interveñen mañá nun acto de "rebeldía democrática" na Coruña que se celebrará no Palexco a partir das 19.30 horas.
O Celta colleita un meritorio empate ante o Sevilla. Un gol de Santi Mina de penalti iguala o inicial dos andaluces, cos que regresaron Iago Aspas e Denís Suárez a Balaídos.
O COB dá outro paso cara á ACB tras poñer o 2-0 na súa eliminatoria ante o Lleida. O Breogán, pola contra, cae ante o Valladolid en Lugo e empata a serie 1-1.
A enquisa diaria de La Voz dálle máis apoio ás mareas nas cidades. Compostela Aberta obtería case o 24% dos votos en Santiago e a Marea Atlántica encabezaría a alternativa na Coruña xunto ao PSdeG. Caballero en Vigo e José Manuel Rey en Ferrol serían os únicos que obterían maioría absoluta.
A Xunta pagará este mes, en plena campaña electoral, parte da extra do 2012. A Administración devolverá 254 euros aos seus traballadores.
A policía interrompe un acto do BNG na Coruña e identifica a Carril. Os axentes identificaron o candidato nacionalista por colocar un folio co nome Fonte de Santo André debaixo da placa da rúa nomeada General Mola, segundo denuncia o Bloque. "Foi un xeito simbólico de reivindicar o cumprimento da Lei da Memoria Histórica", explica a formación.
O Obradoiro vence o Unicaja tras unha remontada no segundo tempo.
Unha proxección da Marea Atlántica dálle sete concelleiros, a tan só dous do PP da Coruña. A plataforma cidadá podería liderar un goberno alternativo á dereita, segundo un estudo demoscópico encargado pola formación.