Ana Miranda foi recibida no aeroporto de Compostela por militantes e simpatizantes do BNG e outras persoas a prol da causa do pobo palestino.
Fálase
Outras dúas sondaxes apuntan á vitoria do non no referendo grego. A de Palmos Analysis cun 51% dos votos fronte ao 38% do si. E a de ToThePoint cunha diferenza máis axustada (40.2% fronte a 37%). A realizada por Prodata, coñecida esta mañá, prevé unha marxe maior a prol do non: 54% a 33%.
Grecia acepta a maior parte das condicións impostas pola troika, co obxectivo de acadar unha extensión do segundo rescate. A carta enviada por Tsipras aos dirixentes da UE e da FMI foi publicada polo Financial Times. Alemaña é reacia a aceptar este acordo; o Eurogrupo reunirase esta tarde. Este mércores o primeiro ministro grego fará unha declaración pública en televisión.
Unha nova sondaxe (Prorata) prevé unha vitoria do non no referendo grego. Un 54% rexeitaría a proposta do FMI, fronte a un 33% que a aceptaría. A enquisa, realizada antes e despois do peche bancario, destaca que os partidarios do non se reduciron despois de que o Goberno adoptase esta decisión. O non é amplamente maioritario entre os votantes de Syriza, Anel, Partido Comunista e Amencer Dourado.
Catorce compañías teatrais galegas (entre elas Chévere, Voadora, Redrum e Il Maquinario) deciden entrar conxuntamente en Escena Galega (Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas) "para revitalizar a asociación profesional e apostar pola confluencia e a unidade no traballo".
O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, levará a pleno a proposta d'A Mesa para a normalización da lingua galega no Concello. O rexedor confirmoullo ao presidente da asociación nunha xuntanza.
Comezan en Santiago as obras do túnel de Conxo, que foron inauguradas pola ministra de Fomento e o anterior alcalde en novembro de 2014. Ata o momento estiveran practicamente paradas.
A Xunta dá por extinguido o incendio de Boborás, no que arderon unhas 180 hectáreas, segundo Medio Rural
Grecia consuma o impago ao FMI e abandona formalmente o mecanismo de rescate. O Goberno grego denuncia "fortes presións". Cóntao eldiario.es
Pablo Iglesias visita Galicia dende o venres para analizar alianzas cara ás eleccións xerais. Cóntao Faro de Vigo