O Parlament de Catalunya homenaxea este luns a Andreu Nin, 76 anos despois do seu asasinato. El Diario entrevista Teresa Carbonell, presidenta da Fundació Andreu Nin: "dicía que os movementos nacionais tamén son revolucionarios"
Fálase
Inditex aprovéitase da lei para deixar de pagar 900 millóns de impostos en España. O ano pasado multiplicou por tres as exencións fiscais
Os socialistas franceses solicitan unha devaluación do euro e cambios nas normas europeas sobre déficit orzamentario
Os sindicatos convocan unha folga xeral contra o Goberno turco este luns. Ao longo desta noite houbo ao redor de 500 detidos nas protestas despois do desaloxo de Taksim
Celta B e Dépor B eliminan a Mutilvera e Tuilla e acompañarán o Compostela na seguinte rolda do play-off de ascenso a Segunda B.
David Peón reivindica a Keynes nun post escrito a partir dun texto de Antón Costas: "As políticas sociais non son só cuestión de ética e decencia humana (o cual sería suficiente para defendelas). Son tamén políticas económicas eficientes en contexto de depresión económica".
Erdogan xustifica a represión: "O meu deber era limpar a praza de Taksim". O Goberno advirte de que todo aquel que se achegue a Taksim e Gezi será considerado terrorista. A policía carga con gas pementa contra todo aquel que intenta acceder á praza e os antidisturbios dispersan a marcha fúnebre en memoria da última vítima mortal da represión.
Xa está en marcha a manifestación en defensa do dereito ao aborto. Toda a información esta tarde en Praza.
A admisión de peticións de arbitraxe para preferentes finaliza este luns e comezará o proceso de canxe coa anunciada quita, próxima ao 60% do valor destes produtos.
Veñen de rematar as manifestacións convocadas por UGT e CCOO en defensa do emprego, a protección social e por unha Europa máis democrática. Milleiros de persoas participaron nas marchas, segundo as centrais. CCOO e UGT esíxenlle a Mariano Rajoy que no cumio europeo dos días 27 e 28 deste mes defenda políticas alternativas, "que as hai". Na imaxe, a manifestación de Ourense