O Goberno non dedicará nin un peso á Memoria Histórica en 2013. Elimina calquera achega económica dos Orzamentos Xerais do Estado, logo de reducir as partidas nun 60% o ano pasado.
Fálase
Artur Mas non lograría a maioría absoluta, segundo as tres enquisas publicadas este domingo na prensa. La Vanguardia déixao preto do seu obxectivo, El Mundo atribúelle un pequeno ascenso a CiU, mentres que La Razón asegura que descenderá o seu apoio. ERC ascendería nos tres casos nas vindeiras eleccións catalás.
Fútbol. O Lugo vence (2-0) ao Mirandés no Anxo Carro e suma xa nove puntos na Segunda División. Os goles lucenses foron anotados por Tonetto e Pablo Álvarez.
Máis dun milleiro de persoas volven concentrarse en Madrid neste #29S e convocados pola Coordinadora 25S. Imaxe de El Diario.
O Concello de Madrid prohíbe aos medios instalarse para retransmitir a manifestación do 29S. Cóntao El Diario.
Galicia recibirá un 23,3% menos do Estado. En total, serán 1.309,08 millóns, segundo os Orzamentos Xerais do Estado.
Francisco Jorquera denuncia que os Orzamentos están "feitos á medida de Bruxelas e dos mercados e non das necesidades da xente". "Son anti-sociais", di o candidato do BNG nunha das primeiras reaccións ás contas presentadas polo Goberno central.
#Orzamentos. Montoro non aclara se se revalorizarán as pensións e só di que as previsións é subilas: "Iso é o que teño que dicir".
#Orzamentos. A previsión de débeda pública sobe ao 90,5% en 2013. Sanidade é o ministerio máis afectado polos recortes, cun 22,6% menos, pero o descenso é global en todas as carteiras (-8,9%).
O Goberno elimina a axuda aos parados de longa duración. Os Orzamentos non contemplan unha prórroga do plan Prepara, que rematará en febreiro. Ademais, o Executivo recorta un 6,3% a partida para o desemprego e un 34,6% en políticas activas de emprego. Máis información, esta tarde en Praza.