Galicia recibirá un 23,3% menos do Estado. En total, serán 1.309,08 millóns, segundo os Orzamentos Xerais do Estado.
Fálase
Francisco Jorquera denuncia que os Orzamentos están "feitos á medida de Bruxelas e dos mercados e non das necesidades da xente". "Son anti-sociais", di o candidato do BNG nunha das primeiras reaccións ás contas presentadas polo Goberno central.
#Orzamentos. Montoro non aclara se se revalorizarán as pensións e só di que as previsións é subilas: "Iso é o que teño que dicir".
#Orzamentos. A previsión de débeda pública sobe ao 90,5% en 2013. Sanidade é o ministerio máis afectado polos recortes, cun 22,6% menos, pero o descenso é global en todas as carteiras (-8,9%).
O Goberno elimina a axuda aos parados de longa duración. Os Orzamentos non contemplan unha prórroga do plan Prepara, que rematará en febreiro. Ademais, o Executivo recorta un 6,3% a partida para o desemprego e un 34,6% en políticas activas de emprego. Máis información, esta tarde en Praza.
Afíns ao alcalde de Ourense cuspen e insultan a concelleiros de Democracia Ourensana logo do pleno no que demitiu o rexedor Francisco Rodríguez. Vídeo de @ptaboadap
Inditex despedirá traballadores en España no ano da súa maior expansión internacional e tras aumentar un 17% as súas vendas no primeiro semestre do exercicio. Cóntao El País.
Javier Gómez Noya, prata en Yokohama, na penúltima proba das Series Mundiais de Triatlón. No derbi galego de fútbol sala, o Santiago Futsal gañou ao Azkar Lugo (4-2).
Comunícanlle á redacción do diario El País en Galicia unha drástica redución das páxinas do caderno diario do que se ocupan. Polo momento, os profesionais do xornal descoñecen os efectos que terá no cadro de persoal esta medida, que tamén se aplicaría, cando menos, en Euskadi, Valencia e Andalucía.
Centos de delegados da CIG protestaron hoxe en varios puntos de Galicia contra os Orzamentos Xerais do Estado porque "afondan no recorte de dereitos".