Inditex despedirá traballadores en España no ano da súa maior expansión internacional e tras aumentar un 17% as súas vendas no primeiro semestre do exercicio. Cóntao El País.
Fálase
Javier Gómez Noya, prata en Yokohama, na penúltima proba das Series Mundiais de Triatlón. No derbi galego de fútbol sala, o Santiago Futsal gañou ao Azkar Lugo (4-2).
Comunícanlle á redacción do diario El País en Galicia unha drástica redución das páxinas do caderno diario do que se ocupan. Polo momento, os profesionais do xornal descoñecen os efectos que terá no cadro de persoal esta medida, que tamén se aplicaría, cando menos, en Euskadi, Valencia e Andalucía.
Centos de delegados da CIG protestaron hoxe en varios puntos de Galicia contra os Orzamentos Xerais do Estado porque "afondan no recorte de dereitos".
Oliver Wyman estima que as necesidades de capital da banca en 59.300 millóns, 7.176 precísaos Novagalicia Banco. Máis información, esta tarde en Praza.
O Concello de Lugo pecha o programa do San Froilán, con máis de 120 actuacións artísticas. As festas lucenses comezan o día 4 de outubro e esténdense ata o 12. Os detalles da programación pódense consultar na web do San Froilán.
O PP perdería dez puntos e o PSOE tres se se celebrasen agora eleccións xerais, segundo unha enquisa de Simple Lógica. A abstención alcanzaría o 47,2% no Estado.
Unha cadea televisiva de Taiwan, coñecida polos seus vídeos humorísticos sobre a actualidade internacional, parodia a crise española e as protestas contra os recortes. Cóntao El Diario.
Os sindicatos de Navantia esixen que se aclare que é realmente o que se asinou en Compostela o día da “foto” de Feijoo coa dirección da SEPI e Pémex. Os representantes dos traballadores reclaman acceso ao contrato.
O alcalde de Ourense deixa a súa número dous de alcaldesa en funcións. Marga Martín estará á fronte da alcaldía até que se elixa un novo rexedor, nun prazo máximo de dez días. Máis información, esta tarde en Praza.