Oliver Wyman estima que as necesidades de capital da banca en 59.300 millóns, 7.176 precísaos Novagalicia Banco. Máis información, esta tarde en Praza.
Fálase
O Concello de Lugo pecha o programa do San Froilán, con máis de 120 actuacións artísticas. As festas lucenses comezan o día 4 de outubro e esténdense ata o 12. Os detalles da programación pódense consultar na web do San Froilán.
O PP perdería dez puntos e o PSOE tres se se celebrasen agora eleccións xerais, segundo unha enquisa de Simple Lógica. A abstención alcanzaría o 47,2% no Estado.
Unha cadea televisiva de Taiwan, coñecida polos seus vídeos humorísticos sobre a actualidade internacional, parodia a crise española e as protestas contra os recortes. Cóntao El Diario.
Os sindicatos de Navantia esixen que se aclare que é realmente o que se asinou en Compostela o día da “foto” de Feijoo coa dirección da SEPI e Pémex. Os representantes dos traballadores reclaman acceso ao contrato.
O alcalde de Ourense deixa a súa número dous de alcaldesa en funcións. Marga Martín estará á fronte da alcaldía até que se elixa un novo rexedor, nun prazo máximo de dez días. Máis información, esta tarde en Praza.
O PP de Teo súmase ao resto de grupos municipais e apoia unha moción na defensa do dereito ao aborto e da actual regulación legal da interrupción voluntaria do embarazo. Podedes consultar aquí o texto íntegro aprobado.
A Xustiza portuguesa determina que compartir contidos suxeitos a copyright para uso persoal non é delito. O fiscal desestima a denuncia da Associação do Comércio Audiovisual de Portugal (ACAPOR) recompilara as direccións IP duns 2.000 usuarios portugueses que compartian arquivos.
Feijóo asegura en RNE que a seguridade dos contratos de Pemex é "máxima" e manda unha mensaxe de "absoluta tranquilidade" aos estaleiros malia as informacións que en México negan que o acordo coa petroleira sexa definitivo.
Un conselleiro de Pemex di que o acordo entre Xunta e a petroleira usouse "electoralmente" para "impulsar politicamente o PP". Fluvio Ruiz fixo estas declaracións ao diario 24 Horas, mentres Feijóo asegura que os contratos son "plenamente válidos".