Un conselleiro de Pemex di que o acordo entre Xunta e a petroleira usouse "electoralmente" para "impulsar politicamente o PP". Fluvio Ruiz fixo estas declaracións ao diario 24 Horas, mentres Feijóo asegura que os contratos son "plenamente válidos".
Fálase
A prensa analiza esta mañá o conflito interno que vive o PSC a dous meses das eleccións en Catalunya. O debate entre o sector máis catalanista e o máis ligado a Madrid resolveuse coa abstención dos socialistas á proposta para convocar un referendo de autodeterminación nesta lexislatura, aprobado onte por unha ampla maioria do Parlament. Ernest Maragall rompeu a disciplina de voto e votou a favor e anuncia que non irá nas listas do PSC.
Os prezos disparáronse en setembro por mor da suba do ive. A inflación interanual chega ao 3,5% e sobe oito décimas dende agosto.
A Xunta reacciona ao anuncio de Pemex de que non asinou contrato ningún cos estaleiros cun comunicado que insiste en que si o fixo pero cita unha nota de prensa da petroleira mexicana que confirma que o compromiso ao que se chegou simplemente garante que as construtoras galegas poderán participar no concurco para a adxudicación dos contratos. Máis información, hoxe en Praza.
O Banco de España advertiu hai seis anos a Bankia dos riscos que estaba a correr. Adiántao a Cadena SER.
Varapalo para a demanda do fiscal polas preferentes. O xulgado número 11 da Coruña rexeita admitir a trámite os aspectos máis relevantes da demanda e só admite a petición da Fiscalía para que deixen de comercializarse este tipo de produtos. Algo que na práctica xa se produciu
O Goberno abre a porta a perdoar impostos a Eurovegas. O magnate Sheldon Adelson pódese beneficiar de exencións no IBI e o IAE, tal e como pedía
O Goberno central concédelle a Gran Cruz da Orde do Mérito da Garda Civil á Virxe do Pilar. Aprobouno este xoves o Consello de Ministros. Podedes consultar aquí a referencia oficial.
Fiscalía recorrerá a decisión de non admitir a nulidade dos contratos das preferentes. Un xulgado coruñés rexeita esa opción e asegura que habería que analizar "caso por caso".
Aprobada no Parlamento de Catalunya a proposta de resolución a prol de celebrar un referendo de autodeterminación na vindeira lexislatura. En Vilaweb.