Aprobada no Parlamento de Catalunya a proposta de resolución a prol de celebrar un referendo de autodeterminación na vindeira lexislatura. En Vilaweb.
Fálase
O PSdeG propón revisar a suspensión de militancia do aínda alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, tras anunciar a súa dimisión. O secretario de organización dos socialistas, Pablo García, ve "evidente" que Rodríguez "antepón os intereses da cidade aos persoais"
De Guindos anuncia que se presentará unha proposta para aumentar a idade efectiva de xubilación.
O Goberno crea un imposto do 20% nos premios de lotería superiores aos 2.500 euros. Pretende recadar 824 millóns.
O Executivo anuncia unha autoridade fiscal independente para controlar as contas públicas.
As pensións, as bolsas de estudo e os intereses da débeda, únicas partidas que soben nos Orzamentos. Segundo o Goberno, o gasto social supón máis do 63%.
Sáenz de Santamaría anuncia tamén que se liberalizarán tres sectores estratexicos: "servizos, telecomunicacións e enerxía".
O Goberno anuncia unha "folla de ruta" de reformas que inclúen 43 novas leis para "mellorar a competitividade e o emprego", durante a presentación dos Orzamentos Xerais de 2013.
Rosalía Mera apoia o 25S porque "demostra que o pobo está vivo". A presidente da Fundación Paideia cre que en España "hai moitas cousas que modificar e incluso destruír". "Hai empresas con modelo do século pasado, cos que é case imposible pensar en 2020", asegura unha das mulleres máis ricas do mundo.
Convocan unha asemblea aberta dos movementos sociais de Ferrolterra en apoio de Alternativa Galega de Esquerdas. Será o vindeiro venres 28.