Rosalía Mera apoia o 25S porque "demostra que o pobo está vivo". A presidente da Fundación Paideia cre que en España "hai moitas cousas que modificar e incluso destruír". "Hai empresas con modelo do século pasado, cos que é case imposible pensar en 2020", asegura unha das mulleres máis ricas do mundo.
Fálase
Convocan unha asemblea aberta dos movementos sociais de Ferrolterra en apoio de Alternativa Galega de Esquerdas. Será o vindeiro venres 28.
Dimite o alcalde de Ourense. O rexedor, imputado na operación Pokemon, presentou a súa renuncia antes de que a súa continuidade fose debatida na asemblea local do PSdeG. Faino unha semana despois de ser detido. Máis información, esta tarde en Praza.
Os concelleiros do BNG abandonan o Goberno de Ourense renunciando ás súas competencias. Ademais, Fernando Varela, imputado por supostos delitos de prevaricación e aceptación de subornos, presentou a súa renuncia como concelleiro. Máis información, esta tarde en Praza.
O Goberno sobe un 1% as pensións e mantén a compensación polo IPC, segundo adianta Europa Press.
A Audiencia Nacional rexeita investigar os detenidos polo 25S. Non considera que cometesen delitos contra a nación, como si asegurou a Policía. Cóntao El Diario.
Traballadores do naval e funcionarios maniféstanse xuntos en Ferrol en contra dos recortes e para reclamar carga de traballo para os estaleiros da ría. Unhas 3.000 persoas concentráronse fronte ao Concello.
#consellodaxunta Feijóo di, en relación co caso Pokémon, que "hai partidos aos que lles molesta que actúe a xustiza". Segundo Feijóo "é bo para a sociedade" que "a clase política saiba que non hai períodos de graza" e que "en calquera momento pode haber unha investigación" con "responsables políticos mesturados".
#consellodaxunta A Xunta convoca unha oferta pública de emprego no Sergas para médicos especialistas e de urxencias con 176 prazas.
O PPdeG comeza a distribuír un vídeo das Novas Xeracións no que dá a súa particular visión da politica galega dos últimos meses e afirma "se non quixemos caldo bipartito hai catro anos agora ofrécennos cinco cuncas", en referencia a PSdeG, BNG, Anova, EU e CxG