A Audiencia Nacional rexeita investigar os detenidos polo 25S. Non considera que cometesen delitos contra a nación, como si asegurou a Policía. Cóntao El Diario.
Fálase
Traballadores do naval e funcionarios maniféstanse xuntos en Ferrol en contra dos recortes e para reclamar carga de traballo para os estaleiros da ría. Unhas 3.000 persoas concentráronse fronte ao Concello.
#consellodaxunta Feijóo di, en relación co caso Pokémon, que "hai partidos aos que lles molesta que actúe a xustiza". Segundo Feijóo "é bo para a sociedade" que "a clase política saiba que non hai períodos de graza" e que "en calquera momento pode haber unha investigación" con "responsables políticos mesturados".
#consellodaxunta A Xunta convoca unha oferta pública de emprego no Sergas para médicos especialistas e de urxencias con 176 prazas.
O PPdeG comeza a distribuír un vídeo das Novas Xeracións no que dá a súa particular visión da politica galega dos últimos meses e afirma "se non quixemos caldo bipartito hai catro anos agora ofrécennos cinco cuncas", en referencia a PSdeG, BNG, Anova, EU e CxG
#consellodaxunta A Xunta delega no Concello de Santiago as competencias para outorgar licenzas urbanísticas no 'cinto azul', a zona "perimetral" do casco histórico compostelán. O Goberno galego xa non intervirá nestas decisións.
O alcalde de Lugo, Xosé López Orozco, solicita comparecer de forma voluntaria no caso Pokémon, segundo adianta Radio Lugo
#consellodaxunta A Consellería de Educación concederá bolsas ao estudantado universitario "complementarias" ás do Ministerio de Educación. Segundo Feijóo, beneficiarán a 900 estudantes.
#consellodaxunta A Xunta aproba o "plan de continxencias" ante a contaminación mariña. Os concellos do litoral terán que elaborar un plan semellante. O vindeiro día 16 comeza o xuízo do Prestige.
Traballadores de Alcoa de todo o Estado protestan xa ante San Caetano para reclamar futuro laboral para as plantas galegas da compañía e unha tarifa eléctrica competitiva para a firma. Imaxe de @traballadoAlcoa