Traballadores de Alcoa de todo o Estado protestan xa ante San Caetano para reclamar futuro laboral para as plantas galegas da compañía e unha tarifa eléctrica competitiva para a firma. Imaxe de @traballadoAlcoa
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/50641e2962807-alcoa.jpg)
Traballadores de Alcoa de todo o Estado protestan xa ante San Caetano para reclamar futuro laboral para as plantas galegas da compañía e unha tarifa eléctrica competitiva para a firma. Imaxe de @traballadoAlcoa
O concelleiro do BNG de Ourense Fernando Varela comparece a esta hora para anunciar a súa dimisión, ao ser imputado na operación Pokémon
Cospedal tamén pide o rescate para Castela-A Mancha. O Goberno rexional aproba acollerse ao Fondo de Liquidez Autonómica e solicitar uns 800 millóns de euros.
Delegados da CIG concéntranse mañá en varias cidades galegas contra os recortes previstos nos Orzamentos do Estado.
Os mercados perden a paciencia e esixen a España que solicite xa o rescate. Así o contan varios diarios económicos, como Expansión.
O Goberno volverá tocar o IVE, o IRPF e o Imposto de Sociedades nos Orzamentos de 2013 que se presentan este xoves, segundo conta La Información.
O Goberno central ditamina que a bandeira estelada catalá tamén "incita a violencia" en recintos deportivos. Xa dixera o mesmo da bandeira republicana. En Público.es
ETA fai público un novo comunicado no que lle reclama "diálogo" a España e Francia e realiza unha certa critica á esquerda abertzale, á que chama a "correxir erros e superar carencias"
A Xunta formaliza o contrato dos seus servizos postais e telegráficos. A adxudicataria é Correos e supón case 19 millóns de euros.
O Financial Times dedica a súa portada a España e afirma que "Rajoy combate a crecente inestabilidade española". Na súa portada impresa acompaña a información unha foto do deputado de Amaiur Sabino Cuadra, discutindo cun axente antidisturbios na folga xeral que onte tivo lugar no Pais Vasco.