Os mercados perden a paciencia e esixen a España que solicite xa o rescate. Así o contan varios diarios económicos, como Expansión.
Fálase
O Goberno volverá tocar o IVE, o IRPF e o Imposto de Sociedades nos Orzamentos de 2013 que se presentan este xoves, segundo conta La Información.
O Goberno central ditamina que a bandeira estelada catalá tamén "incita a violencia" en recintos deportivos. Xa dixera o mesmo da bandeira republicana. En Público.es
ETA fai público un novo comunicado no que lle reclama "diálogo" a España e Francia e realiza unha certa critica á esquerda abertzale, á que chama a "correxir erros e superar carencias"
A Xunta formaliza o contrato dos seus servizos postais e telegráficos. A adxudicataria é Correos e supón case 19 millóns de euros.
O Financial Times dedica a súa portada a España e afirma que "Rajoy combate a crecente inestabilidade española". Na súa portada impresa acompaña a información unha foto do deputado de Amaiur Sabino Cuadra, discutindo cun axente antidisturbios na folga xeral que onte tivo lugar no Pais Vasco.
O Goberno anunciará hoxe que no 2013 subirá as pensións só o 1%, ao igual que en 2012. Soraya Saenz de Santamaria afirmou onte que as pensións se axustarian ao aumento da inflación, que para o ano que vén se calcula do 1'7%.
A recadación do IVE en Galicia caeu en agosto case un 20%, o dobre que no conxunto de España
Segundo o Faro de Vigo, Francisco Rodríguez está disposto a abandonar a alcaldia o sábado, pero negocia co PSdeG o nome do seu sucesor. Poderia ser Antonio Rodríguez Penín, un concelleiro da máxima confianza do alcalde, pero que nos últimos tiempos se aproximou a Pachi Vázquez.
Obama toma vantaxe con respecto a Romney nos estados clave das eleccións norteamericanas, segundo as sondaxes. O demócrata ten dez puntos de diferenza sobre Romney en Ohio, 21 e Pennsylvania e nove puntos en Florida.