Segundo o Faro de Vigo, Francisco Rodríguez está disposto a abandonar a alcaldia o sábado, pero negocia co PSdeG o nome do seu sucesor. Poderia ser Antonio Rodríguez Penín, un concelleiro da máxima confianza do alcalde, pero que nos últimos tiempos se aproximou a Pachi Vázquez.
Fálase
Obama toma vantaxe con respecto a Romney nos estados clave das eleccións norteamericanas, segundo as sondaxes. O demócrata ten dez puntos de diferenza sobre Romney en Ohio, 21 e Pennsylvania e nove puntos en Florida.
Rebelión nas ringleiras do PP de Pontevedra. O partido amosou hoxe no Pleno Municipal a súa desunión. Cinco edís do seu grupo romperon a disciplina de voto e abstivéronse na votación que promoveu o seu voceiro, Jacobo Moreira, para que a única dedicación exclusiva que lles queda poidera repartirse de xeito parcial entre dous concelleiros ‘populares’.
Rajoy apela á maioría sileciosa e eloxia dende Nova York "a maioría de españois que non se manifesta"
A concentración que se está celebrando en Compostela abandona a Praza de Galicia e dirixese ao Parlamento #26s
Comezan a encherse a Praza de Neptuno e as proximidades do Congreso, nunha nova xornada de protesta
Krugman asegura que "se inflixe a España unha dor sen sentido" e volve criticar con dureza as políticas de austeridade europeas no seu blog do New York Times.
O Goberno conxelará o soldo dos funcionarios un ano máis, segundo adianta a Cadena Ser.
O Ibex cae un 3,92% e a prima de risco supera os 460 puntos ante as dúbidas sobre o rescate bancario.
O BNG solicta á Comisión Europea que o galego puntúe no acceso laboral ás institucións da UE. A eurodeputada Ana Miranda presentou a iniciativa con motivo do Día Europeo das Linguas.