Comezan a encherse a Praza de Neptuno e as proximidades do Congreso, nunha nova xornada de protesta
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/506334791aa7d-a3vfkzpceaanabm.png)
Comezan a encherse a Praza de Neptuno e as proximidades do Congreso, nunha nova xornada de protesta
Krugman asegura que "se inflixe a España unha dor sen sentido" e volve criticar con dureza as políticas de austeridade europeas no seu blog do New York Times.
O Goberno conxelará o soldo dos funcionarios un ano máis, segundo adianta a Cadena Ser.
O Ibex cae un 3,92% e a prima de risco supera os 460 puntos ante as dúbidas sobre o rescate bancario.
O BNG solicta á Comisión Europea que o galego puntúe no acceso laboral ás institucións da UE. A eurodeputada Ana Miranda presentou a iniciativa con motivo do Día Europeo das Linguas.
Un vídeo mostra a un policía infiltrado na manifestación do 25S pedindo aos compañeiros que non o golpeen, durante un momento das duras cargas policiais deste pasado martes.
O hostaleiro da Cafetería Prado que enfrontou os antidisturbios e protexeu un grupo de manifestantes convértese nun fenómeno nas redes sociais. IU pide o cese da delegada do Goberno, Cristina Cifuentes.
O BNG, que hoxe fai 30 anos, elixe Para facerlles frente como lema de campaña. Como sublema os nacionalistas empregarán Gobernemos nós a nosa terra. A información, esta tarde en Praza.
A manifestación dos traballadores de Alcoa na Coruña provoca retencións do tráfico na cidade. Os operarios reclaman solucións para o futuro da empresa en San Cibrao e na propia Coruña.
En Euskadi e Navarra tamén hai folga xeral este mércores, convocada por ELA, LAB, CGT e CNT, entre outros sindicatos. O seguimento está sendo elevado en Guipúscoa e máis reducido en Alava, Biscaia, ou Navarra. O Goberno vasco fala dunha participación do 25% (40% en Guipúscoa), que os convocantes elevan considerablemente. Nestes momentos catro grandes manifestacións percorren as rúas das principais cidades.