O hostaleiro da Cafetería Prado que enfrontou os antidisturbios e protexeu un grupo de manifestantes convértese nun fenómeno nas redes sociais. IU pide o cese da delegada do Goberno, Cristina Cifuentes.
Fálase
O BNG, que hoxe fai 30 anos, elixe Para facerlles frente como lema de campaña. Como sublema os nacionalistas empregarán Gobernemos nós a nosa terra. A información, esta tarde en Praza.
A manifestación dos traballadores de Alcoa na Coruña provoca retencións do tráfico na cidade. Os operarios reclaman solucións para o futuro da empresa en San Cibrao e na propia Coruña.
En Euskadi e Navarra tamén hai folga xeral este mércores, convocada por ELA, LAB, CGT e CNT, entre outros sindicatos. O seguimento está sendo elevado en Guipúscoa e máis reducido en Alava, Biscaia, ou Navarra. O Goberno vasco fala dunha participación do 25% (40% en Guipúscoa), que os convocantes elevan considerablemente. Nestes momentos catro grandes manifestacións percorren as rúas das principais cidades.
Grecia vive unha nova xornada de folga xeral, a primeira contra o novo goberno de coalición do conservador Antonis Samaras. Hai un forte despregue policial e xa se produciron as primeiras cargas contra os manifestantes.
O BNG anuncia o seu lema electoral: Para Facerlles Fronte, que terá un sublema: Gobernemos Nós a Nosa Terra
Compromiso por Galicia presenta en Vigo o seu lema para a campaña: A túa voz, salientando que “en tempos de detencións e imputacións é preciso recuperar a palabra como clave da política”. Tamén renova o seu logo.
Artur Mas convocará un referendum independentista en Catalunya aínda que non o acepte o Estado. "Se o Goberno non o autoriza, debe facerse igual", vén de dicir no Parlament.
Solicitan ao Senado de México un informe sobre o acordo entre Pemex e a Xunta. A senadora Lucero Saldaña pide ao Goberno azteca que aclare os motivos do investimento en Galicia logo de que "nin a empresa nin o Executivo informasen da operación", segundo informa Diario Cambio.
A Xunta estrea o sitio electoral coa información do proceso electoral que culminará o 21 de outubro: eleccions2012.xunta.es