O BNG anuncia o seu lema electoral: Para Facerlles Fronte, que terá un sublema: Gobernemos Nós a Nosa Terra
Fálase
Compromiso por Galicia presenta en Vigo o seu lema para a campaña: A túa voz, salientando que “en tempos de detencións e imputacións é preciso recuperar a palabra como clave da política”. Tamén renova o seu logo.
Artur Mas convocará un referendum independentista en Catalunya aínda que non o acepte o Estado. "Se o Goberno non o autoriza, debe facerse igual", vén de dicir no Parlament.
Solicitan ao Senado de México un informe sobre o acordo entre Pemex e a Xunta. A senadora Lucero Saldaña pide ao Goberno azteca que aclare os motivos do investimento en Galicia logo de que "nin a empresa nin o Executivo informasen da operación", segundo informa Diario Cambio.
A Xunta estrea o sitio electoral coa información do proceso electoral que culminará o 21 de outubro: eleccions2012.xunta.es
A Coordinadora 25S ofrece unha rolda de prensa nestes momentos na que anuncia unha nova concentración nas proximidades do Congreso para as 19 horas desta tarde "ante a escalada de recortes anunciada polo Goberno". E tamén convoca unha manifestación o sábado ás 18 horas. Afirman que o Goberno é "ilexítimo" e piden a súa "destitución para acabar coa espiral de recortes e represión".
Mariñeiros galegos afectados polo veto ás capturas en Mauritania veñen de pecharse na sede da Deputación de Pontevedra, segundo confirma a CIG. Reclaman un novo acordo pesqueiro que lles permita regresar ás augas do país magrebí e protestan tamén polo atraso na concesión da axudas, dous meses despois de que tivesen que abandonar o caladoiro.
A policia detén a Fernando Varela, concelleiro de Deportes de Ourense polo BNG, no marco da operación Pokémon. Na pasada lexislatura era o responsable de Seguridade, Bombeiros e Policía Local
El Jueves tamén leva a Mahoma á súa portada no número que publica hoxe. Únese a outras revistas satiricas coma a francesa Charlie Hebdo, que nas últimas semanas reivindicaron deste xeito a liberdade de expresión e denunciaron o fundamentalismo das relixións.
O ministro Fernández Díaz asegura que a Policía actuou "magnificamente". Cre que "algúns manifestantes" usaron "demasiada violencia" nas protestas de Madrid, polo que os axentes "cumpriron co seu deber". As cargas policiais causaron medio cento de feridos, dos que máis de 20 seguen hospitalizados.