O ministro Fernández Díaz asegura que a Policía actuou "magnificamente". Cre que "algúns manifestantes" usaron "demasiada violencia" nas protestas de Madrid, polo que os axentes "cumpriron co seu deber". As cargas policiais causaron medio cento de feridos, dos que máis de 20 seguen hospitalizados.
Fálase
Rajoy limitará as xubilacións anticipadas. "A idade de xubilación é razonable en España se se respecta", asegurou o presidente do Goberno no Wall Street Journal, que volve botar balóns fóra sobre a posible petición de rescate.
RTVE destitúe a editora do TD2 pola polémica da Diada na que a masiva manifestación independentista foi relegada á quinta noticia do informativo
Os investigadores e a xuiza Pilar de Lara dispoñen de fotografías e vídeos que proban que Francisco Rodríguez recibiu envios de cartos en metálico como subornos para conseguir contratos.
A convocatoria electoral en Catalunya coa mirada posta na autodeterminación ocupa a portada do Financial Times que fala de que "as eleccións en Catalunya aumentan a presión sobre Madrid". O xornal salienta que os problemas se lle acumulan a Rajoy, que este xoves debe presentar os orzamentos do 2013 ao tempo que Holanda, Alemaña e Finlandia rebaixan as expectativas dunha recapitalización directa da banca española.
A violencia policial que asolou onte Madrid fixo que mesmo un grupo no que se atopaba o deputado de IU Alberto Garzón fose empurrado polos antidisturbios, que rapidamente cambiaron de actitude ao saber a condición de Garzón
Euskadi vive hoxe unha folga xeral convocada por ELA, LAB, CGT e CNT entre outros sindicatos.
Hai 25 anos comezaba a gobernar o tripartito liderado por Fernando González Laxe
A agrupación local do PSdeG en Ourense, que controla Francisco Rodriguez, apoia a decisión do rexedor de non dimitir. Os fieis a Rodríguez, que xa está fóra do partido oficialmente, convocan unha asemblea de militantes para este xoves, nun pulso á dirección do PSdeG.
Mario Monti, primeiro ministro italiano, anuncia que non se presentará ás eleccións do vindeiro ano.