Euskadi vive hoxe unha folga xeral convocada por ELA, LAB, CGT e CNT entre outros sindicatos.
Fálase
Hai 25 anos comezaba a gobernar o tripartito liderado por Fernando González Laxe
A agrupación local do PSdeG en Ourense, que controla Francisco Rodriguez, apoia a decisión do rexedor de non dimitir. Os fieis a Rodríguez, que xa está fóra do partido oficialmente, convocan unha asemblea de militantes para este xoves, nun pulso á dirección do PSdeG.
Mario Monti, primeiro ministro italiano, anuncia que non se presentará ás eleccións do vindeiro ano.
O secretario xeral do Sindicato Unificado de Policía (SUP), José Manuel Sánchez Fornet, dá a súa "receita" para rematar coa concentración: "Leña ya"
Dende as nove da noite estanse producindo cargas policiais e mesmo algúns xornalistas foron agredidos polos antidisturbios. Unha parte dos concentrados decide sentar no chan mentres que noutras zonas sucédense as carreiras. Hai moita tensión.
Xa é noite en Madrid e milleiros de persoas seguen concentradas ao redor do Congreso. Hai 15 detidos. En Compostela varios centos de persoas abandonan as proximidades do Parlamento e dirixense á Praza do Obradoiro
Xa está en marcha en Compostela unha manifestación que se dirixe ao Parlamento galego. Pódese seguir en directo nesta emisión en streaming. Ademais de en Madrid neste #25S estanse celebrando mobilizacións masivas en Barcelona ou Sevilla ante os seus respectivos parlamentos.
Os antidisturbios cargan con dureza contra os manifestantes co 24horas de TVE en directo. Os manifestantes lembran que se trata dunha protesta pacifica. Hai algúns detidos e feridos.
Deputados de Esquerda Unida e do Grupo Mixto, entre eles Olaia Fernández Davila, do BNG, saen do Congreso para recibir os manifestantes.