Xa é noite en Madrid e milleiros de persoas seguen concentradas ao redor do Congreso. Hai 15 detidos. En Compostela varios centos de persoas abandonan as proximidades do Parlamento e dirixense á Praza do Obradoiro
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5061f13cd16bb-a3qj7f3cmaaz_jt.jpg)
Xa é noite en Madrid e milleiros de persoas seguen concentradas ao redor do Congreso. Hai 15 detidos. En Compostela varios centos de persoas abandonan as proximidades do Parlamento e dirixense á Praza do Obradoiro
Xa está en marcha en Compostela unha manifestación que se dirixe ao Parlamento galego. Pódese seguir en directo nesta emisión en streaming. Ademais de en Madrid neste #25S estanse celebrando mobilizacións masivas en Barcelona ou Sevilla ante os seus respectivos parlamentos.
Os antidisturbios cargan con dureza contra os manifestantes co 24horas de TVE en directo. Os manifestantes lembran que se trata dunha protesta pacifica. Hai algúns detidos e feridos.
Deputados de Esquerda Unida e do Grupo Mixto, entre eles Olaia Fernández Davila, do BNG, saen do Congreso para recibir os manifestantes.
O recibo da luz baixará un 2% en outubro logo de tres subidas neste ano. Acábao de confirmar o ministro Soria.
As distintas marchas que se dirixen ao Congreso están a piques de confluir nas súas proximidades. El Diario cóntao en directo
Mas confirma que as eleccións catalás serán o 25 de novembro para “abrir un proceso de autodeterminación” e afirma que "se o país debe iniciar un proceso de gran complexidade, é necesario o aval das urnas". No seu discurso ante o Parlament tamén acusa a esquerda de "demagoxia e populismo" por criticar os recortes.
Están celebrándose multitudinarias asembleas no centro de Madrid. A partir das cinco e media as distintas marchas convocadas comezarán a dirixirse cara ao Congreso.
Deputados denuncian que un parlamentario de UPyD vén de asegurar que "as sociedades bilingües son anormais" no Congreso. A frase sería de Martínez Gorriarán.
Andalucía anuncia que "probablemente" pedirá o rescate. Solicitaría máis de 4.900 millóns de euros, segundo El Economista.