Deputados de Esquerda Unida e do Grupo Mixto, entre eles Olaia Fernández Davila, do BNG, saen do Congreso para recibir os manifestantes.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5061d0a50d7c7-a3ppygscaaatddq.jpg)
Deputados de Esquerda Unida e do Grupo Mixto, entre eles Olaia Fernández Davila, do BNG, saen do Congreso para recibir os manifestantes.
O recibo da luz baixará un 2% en outubro logo de tres subidas neste ano. Acábao de confirmar o ministro Soria.
As distintas marchas que se dirixen ao Congreso están a piques de confluir nas súas proximidades. El Diario cóntao en directo
Mas confirma que as eleccións catalás serán o 25 de novembro para “abrir un proceso de autodeterminación” e afirma que "se o país debe iniciar un proceso de gran complexidade, é necesario o aval das urnas". No seu discurso ante o Parlament tamén acusa a esquerda de "demagoxia e populismo" por criticar os recortes.
Están celebrándose multitudinarias asembleas no centro de Madrid. A partir das cinco e media as distintas marchas convocadas comezarán a dirixirse cara ao Congreso.
Deputados denuncian que un parlamentario de UPyD vén de asegurar que "as sociedades bilingües son anormais" no Congreso. A frase sería de Martínez Gorriarán.
Andalucía anuncia que "probablemente" pedirá o rescate. Solicitaría máis de 4.900 millóns de euros, segundo El Economista.
A Xustiza condena o Goberno de Carlos Negreira por vulnerar os dereitos do BNG. O Executivo local coruñés foi condenado por negarlle ao grupo nacionalista o acceso ao expediente de solicitude de subvención ao transporte colectivo urbano para o 2011.
Artur Mas comúnicalle aos membros do goberno da Generalitat que convocará eleccións anticipadas en Catalunya para o 25 de novembro ou para o 2 de decembro, segundo adianta La Vanguardia
Deteñen o xefe da policía local de Ourense no marco da operación Pokémon. É trasladado a Lugo, ao xulgado que instrúe o caso.