Deputados denuncian que un parlamentario de UPyD vén de asegurar que "as sociedades bilingües son anormais" no Congreso. A frase sería de Martínez Gorriarán.
Fálase
Andalucía anuncia que "probablemente" pedirá o rescate. Solicitaría máis de 4.900 millóns de euros, segundo El Economista.
A Xustiza condena o Goberno de Carlos Negreira por vulnerar os dereitos do BNG. O Executivo local coruñés foi condenado por negarlle ao grupo nacionalista o acceso ao expediente de solicitude de subvención ao transporte colectivo urbano para o 2011.
Artur Mas comúnicalle aos membros do goberno da Generalitat que convocará eleccións anticipadas en Catalunya para o 25 de novembro ou para o 2 de decembro, segundo adianta La Vanguardia
Deteñen o xefe da policía local de Ourense no marco da operación Pokémon. É trasladado a Lugo, ao xulgado que instrúe o caso.
Este luns nace PontevedraViva.com, un novo xornal dixital para Pontevedra, a súa comarca e as zonas de Umia, O Salnés, Arousa e O Morrazo. @PontevedraViva
O PPdeG censura en Twitter a decisión da Xunta Electoral de expedientar o partido polo anuncio dos contratos con Pemex. Faino a través da conta oficial de Núñez Feijóo.
A Xunta abre expediente a Estela Eólica polo incumprimento do seu plan industrial para a construción dunha planta incineradora, prevista inicialmente no Irixo. Máis información, nuns minutos en Praza.
O PP carga contra o PSdeG por denunciar ante a Xunta Electoral a presenza de Feijóo no acto de Pemex. Unha vez constatado que o presidente infrinxiu a lei, o voceiro conservador, Antonio Rodríguez Miranda, vén de asegurar na Cadena SER que a acción dos socialistas foi "vergoñenta".
O candidato do BNG á Xunta realiza hoxe a súa derradeira intervención como deputado no Congreso dos Deputados. Será substituído por Rosana Pérez, ata agora concelleira na Pobra do Caramiñal.