O candidato do BNG á Xunta realiza hoxe a súa derradeira intervención como deputado no Congreso dos Deputados. Será substituído por Rosana Pérez, ata agora concelleira na Pobra do Caramiñal.
Fálase
As pensións subirán conforme ao IPC. A vicepresidenta Sáenz de Santamaría asegura nunha entrevista na Cadena Ser que se axustarán "á suba da vida".
Rajoy recortará un 20% o gasto dos ministerios. Industria e Fomento serían os departamentos máis prexudicados, segundo El Economista.
As empresas non terán que acreditar que os despidos por un ERE son axustados. O Goberno prepara un novo regulamento que facilita aínda máis os despedimentos colectivos.
Os créditos fiscais poden elevar en 2.000 millóns máis as necesidades de Novagalicia Banco. Oliver Wyman non prevé descontar os aforros en impostos futuros na súa análise sobre a recapitalización das entidades nacionalizadas, segundo Economía Digital.
O gasto en pensións aumenta un 4,4% en setembro, até máis de 7.444 millóns, segundo os datos feitos públicos polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social. A pensión media en Galicia segue sendo a máis baixo, con 698,63 euros, fronte aos 950,16 do Estado.
Kim Dotcom anuncia que "o 90% do novo Megaupload está listo" e prevese que saia ao mercado antes de final de ano. Asegura ademais que "avogados, socios e investidores están listos".
O único concelleiro de UPyD en Galicia deixa o partido de Rosa Díez. Cóntao El País.
Este martes comeza no Parlamento catalán o debate de política xeral, que chegará até o xoves e que pode acabar na convocatoria de eleccións anticipadas. CiU presentará unha declaración que afirma que "Catalunya debe iniciar a súa transición nacional baseada no dereito a decidir"
Rompe o acordo de goberno entre o PSOE e o BNG en Viveiro. O alcalde socialista Melchor Roel racha o pacto cos nacionalistas despois de semanas de enfrontamentos e de que o nacionalista o acusase de "enganar os veciños en canto á elaboración das contas municipais"