Kim Dotcom anuncia que "o 90% do novo Megaupload está listo" e prevese que saia ao mercado antes de final de ano. Asegura ademais que "avogados, socios e investidores están listos".
Fálase
O único concelleiro de UPyD en Galicia deixa o partido de Rosa Díez. Cóntao El País.
Este martes comeza no Parlamento catalán o debate de política xeral, que chegará até o xoves e que pode acabar na convocatoria de eleccións anticipadas. CiU presentará unha declaración que afirma que "Catalunya debe iniciar a súa transición nacional baseada no dereito a decidir"
Rompe o acordo de goberno entre o PSOE e o BNG en Viveiro. O alcalde socialista Melchor Roel racha o pacto cos nacionalistas despois de semanas de enfrontamentos e de que o nacionalista o acusase de "enganar os veciños en canto á elaboración das contas municipais"
O PSdeG suspende de militancia a Francisco Rodriguez despois de que este anunciara que non ia dimitir e ratificase nun comunicado que recorrerá o auto de imputación. O alcalde de Ourense declara que "non me vou a plegar a decisións stalinistas". O PP replica en twitter.
O alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, non dimite e ratifica nun comunicado que recorrerá o auto de imputación por "falta de rigor xurídico no proceso"
A oficina do BBVA en Ferrol anuncia "a paralización provisional" do desafizamento dunha parella de Caranza que avalara a súa filla e que estaba previsto para este venres. A entidade recúa ante as protestas de varios colectivos sociais da cidade.
A xuiza Pilar de Lara decreta o ingreso en prisión do ex presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Francisco Fernández Liñares, pola súa vinculación coa Operación Pokémon, despois de dez hora de interrogatorio.
Adolfo Gacio dimite como alcalde de Boqueixón, ainda que continuará como concelleiro. O politico popular está imputado por suborno e prevaricación.
Un fallo en Facebook deixa ao descuberto mensaxes privadas nas cronoloxías dos usuarios desta rede social. Para amañalo abonda con premer no lapis da caixa de "actividade" e seleccionar a opción "non amosar na cronoloxía". O incidente cóntao El País.