A oficina do BBVA en Ferrol anuncia "a paralización provisional" do desafizamento dunha parella de Caranza que avalara a súa filla e que estaba previsto para este venres. A entidade recúa ante as protestas de varios colectivos sociais da cidade.
Fálase
A xuiza Pilar de Lara decreta o ingreso en prisión do ex presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Francisco Fernández Liñares, pola súa vinculación coa Operación Pokémon, despois de dez hora de interrogatorio.
Adolfo Gacio dimite como alcalde de Boqueixón, ainda que continuará como concelleiro. O politico popular está imputado por suborno e prevaricación.
Un fallo en Facebook deixa ao descuberto mensaxes privadas nas cronoloxías dos usuarios desta rede social. Para amañalo abonda con premer no lapis da caixa de "actividade" e seleccionar a opción "non amosar na cronoloxía". O incidente cóntao El País.
Cincuenta e unha empresas optan ás licenzas de radio FM que vai asignar a Xunta. Kiss FM, Onda Cero, COPE e Radio María, as que máis solicitan. En PR Noticias
As Pussy Riot aspiran ao premio Sajarov de liberdade de conciencia que concede anualmente o Parlamento Europeo.
Militares advirten a Mas das consecuencias de promover a "fractura de España". A Asociación de Militares Españoles asegura que a actitude do president e dalgúns parlamentarios "é improcedente e inadmisible".
O Goberno anuncia un "sólido axuste" nos Orzamentos para 2013. Así o recoñece o secretario de Estado para a UE, Íñigo Méndez de Vigo, que pide que Europa compense os recortes matendo axudas comunitarias.
El Diario revela os gastos do Congreso dos Deputados en viaxes e salienta que o lexislativo español ten orzamentados 7.000 euros para multas a coches oficiais.
O magnate do xogo e impulsor de Eurovegas, Sheldon Adelson, bate récords de gasto financiando a campaña electoral de Mitt Romney, nos Estados Unidos. En Politico.com