Militares advirten a Mas das consecuencias de promover a "fractura de España". A Asociación de Militares Españoles asegura que a actitude do president e dalgúns parlamentarios "é improcedente e inadmisible".
Fálase
O Goberno anuncia un "sólido axuste" nos Orzamentos para 2013. Así o recoñece o secretario de Estado para a UE, Íñigo Méndez de Vigo, que pide que Europa compense os recortes matendo axudas comunitarias.
El Diario revela os gastos do Congreso dos Deputados en viaxes e salienta que o lexislativo español ten orzamentados 7.000 euros para multas a coches oficiais.
O magnate do xogo e impulsor de Eurovegas, Sheldon Adelson, bate récords de gasto financiando a campaña electoral de Mitt Romney, nos Estados Unidos. En Politico.com
Rajoy defenderá ante a ONU a Alianza de Civilizacións, impulsada polo Goberno de Zapatero e criticada con dureza polo PP na oposición. Na Cadena SER.
O BNG lanza a terceira parte da súa serie #feijóomentirán, neste caso centrada no incremento das listas de espera e nas promesas que o PP fixo ao respecto da sanidade pública
Membros do Consello de Administración de Pemex denuncian que a empresa anunciou o contrato de dous buques-hotel a estaleiros galegos sen que nin sequera o Comité de Estratexias e Investimentos, encargado de avaliar os proxectos máis relevantes, tivese coñecemento da operación. Tamén critican que non se realizara unha licitación pública internacional para o concurso de participantes e ademais descoñécese a origen dos recursos para financiar o encargo.
Diagonal entrevista a Rafael Álvarez, o guionista galego de The Wire. O seu avó chegou a Baltimore dende Galicia por erro nos anos vinte.
Carne Cruda regresa ás ondas. Non será en Radio3 senón a través da Rede de Medios Comunitarios, entre elas CuacFm na Coruña, Radio Filispim en Ferrol e Radio Roncudo en Corme. Será un programa especial este venres 28 as 18 horas.
PP e PSOE prevén unha "caída abrupta" na participación do voto emigrante o 21-O polo aumento de requisitos legais para exercelo. O secretario xeral de Emigración di que a Xunta nunca estivo de acordo con esta reforma, que Rajoy prevé reverter. En La Región.