PP e PSOE prevén unha "caída abrupta" na participación do voto emigrante o 21-O polo aumento de requisitos legais para exercelo. O secretario xeral de Emigración di que a Xunta nunca estivo de acordo con esta reforma, que Rajoy prevé reverter. En La Región.
Fálase
La Razón publica unha nova enquisa de NC Report (de novo sen ficha técnica) que achegaría o PP á maioría absoluta con 37-39 deputados. O PSdeG-PSOE obtería 23-24 e o BNG entre 7 e 10. A sondaxe afirma que tanto AGE (3-4 deputados) coma CxG (1-2) entrarían no Parlamento e deixa aberta a posibilidade de que o faga UPyD (0-2).
Vilaweb analiza a "decisiva" semana que afronta a política catalá, co debate de política xeral no que os grupos soberanistas tentarán consensuar unha proposta de resolución a prol da indenpendencia
Rosell cre "unha barbaridade" que Catalunya vaia cara á independencia. O presidente da CEOE lembra que a secesión "reduciría os beneficios dos empresarios cataláns e españois", durante unha entrevista en Onda Cero.
Miguel Sebastián recoñece que o PSOE parou a súas críticas á burbulla inmobiliaria creada pola banca. No programa Salvados, o ex ministro aclara que José Blanco lle impediu criticar aos bancos porque "a paciencia con eles é infinita".
A Asociación Ciudadan@s por la Educación Pública presenta un vídeo con "razóns" para parar a Lei Wert.
Rubalcaba acaba de afirmar na Cadena Ser que o PSdeG tomará hoxe unha decisión sobre o alcalde de Ourense, Francisco Rodriguez.
Ao redor de mil galegos teñen máis de 50 vivendas urbanas, mentres que 58.000 posúen entre seis e dez.
En Portugal descenden os salarios, sobre todo os dos traballadores de base. Público explica que a clave está en que as empresas substitúen os traballadores despedidos por outros que cobran menos.
A UE multiplica por catro o fondo de rescate co obxectivo de dar cobertura aos rescates de España e Italia, segundo o semanario Der Spiegel. The Guardian afirma que o xoves o Goberno de Rajoy presentará o xoves un novo paquete de recortes e reformas para cumprir coas condicións dun inminente rescate.