O Goberno abre a porta a perdoar impostos a Eurovegas. O magnate Sheldon Adelson pódese beneficiar de exencións no IBI e o IAE, tal e como pedía
Fálase
O Goberno central concédelle a Gran Cruz da Orde do Mérito da Garda Civil á Virxe do Pilar. Aprobouno este xoves o Consello de Ministros. Podedes consultar aquí a referencia oficial.
Fiscalía recorrerá a decisión de non admitir a nulidade dos contratos das preferentes. Un xulgado coruñés rexeita esa opción e asegura que habería que analizar "caso por caso".
Aprobada no Parlamento de Catalunya a proposta de resolución a prol de celebrar un referendo de autodeterminación na vindeira lexislatura. En Vilaweb.
O PSdeG propón revisar a suspensión de militancia do aínda alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, tras anunciar a súa dimisión. O secretario de organización dos socialistas, Pablo García, ve "evidente" que Rodríguez "antepón os intereses da cidade aos persoais"
De Guindos anuncia que se presentará unha proposta para aumentar a idade efectiva de xubilación.
O Goberno crea un imposto do 20% nos premios de lotería superiores aos 2.500 euros. Pretende recadar 824 millóns.
O Executivo anuncia unha autoridade fiscal independente para controlar as contas públicas.
As pensións, as bolsas de estudo e os intereses da débeda, únicas partidas que soben nos Orzamentos. Segundo o Goberno, o gasto social supón máis do 63%.
Sáenz de Santamaría anuncia tamén que se liberalizarán tres sectores estratexicos: "servizos, telecomunicacións e enerxía".