O Goberno estuda desclasificar 10.000 documentos da guerra civil e do franquismo. Son textos relativos a campos de concentración e batallóns de traballo.
Fálase
Sete galegos ao día perden o seu piso por impago da hipoteca. As execucións alcanzan a súa maior marca desde que comezou a crise.
O Azkar Lugo cae ante o Manacor na sexta xornada da Liga de fútbol sala (2-4).
O COB Ourense acada a súa primeira vitoria na LEB Ouro ao vencer na cancha do Navarra (82-88). Breogán e Básquet Coruña enfróntase á tarde en Lugo.
O xuíz imputa a auditora de Pescanova por falseamento de información económica. Admite parcialmente a querela do fondo de investimento Cartesian.
A Mesa lembra que hoxe hai catro anos desde a última entrevista ao colectivo na TVG e da "frustradísima encerrona" sufrida polo seu presidente Carlos Callón.
Rajoy pide aos medios "un uso responsable" do dereito á información e alerta de "novos actores" que "non se rexen polas mesmas obrigas que os medios tradicionais.
Este serán preséntase en Compostela SCQ Basket, unha nova publicación centrada no baloncesto e na actividade deportiva do Obradoiro.
A demora media para unha operación cirúrxica en Galicia disparouse ata preto dos 100 días no terceiro trimestre do ano, segundo os datos oficiais do Sergas. A lei de garantías que tramita o Parlamento pon o límite de agarda en 65 días.
O voceiro da Conferencia Episcopal di que o matrimonio homosexual "é unha acción de Satanás" e que cambiar a lei "é máis grave que cambiar de monarquía a república".