Os parados de longa duración deberán estar un ano sen cobrar para optar ao novo subsidio de Emprego. Esa é a nova proposta do Goberno aos sindicatos para aumentar a cobertura do desemprego.
Fálase
Falece Aurora Bernárdez, a galega que fora dona de Julio Cortázar.
#9N O Goberno central cualifica de "antidemocrático e inútil" o proceso consultivo de Cataluña.
Ames acolle un novo encontro das diferentes mareas cidadás que xurdiron en Galicia. Marea Atlántica, Marea de Vigo, Ourense en Común ou Marea Ártabra, entre todos, están representados na xuntanza.
A Xunta retirou os seus nenos a mulleres declaradas vítimas de maltrato. A operación Bebé investiga presuntas irregularidades na retirada de menors a galegas pobres e maltratadas.
O Celta empata sen goles ante o Granada en Balaídos. O equipo vigués foi superior pero viuse sorprendido por un incómodo rival que se pechou ben atrás.
#9N UPyD presenta unha denuncia contra Mas e pide á Fiscalía que pare a consulta en Cataluña. Solicita a detención dos seus impulsores e que se suspenda o proceso participativo.
#9N Grandes colas en moitas cidades e vilas de Cataluña xa nas primeiras horas para votar na consulta. O proceso consultivo transcorre sen incidentes.
O galego Raimundo Viejo, na lista de Pablo Iglesias para dirixir Podemos. O politólogo é candidato a un dos 62 postos do consello cidadán que dirixirá a emerxente formación política.
Podemos situaríase como terceira forza en Galicia, case á par do PSdeG, segundo unha enquisa de Sondaxe para La Voz de Galicia. O apoio ao PP manteríase case idéntico, mentres que Rajoy colleitaría os seus peores resultados no país desde que é presidente de España.