Anova desenvolve hoxe a súa conferencia nacional sobre as eleccións municipais. A información, hoxe en Praza (imaxe: Brais Ribeiro)

Anova desenvolve hoxe a súa conferencia nacional sobre as eleccións municipais. A información, hoxe en Praza (imaxe: Brais Ribeiro)
O PSdeG celebra este domingo as súas primarias en nove localidades, entre elas A Coruña, Santiago, Ferrol e Ourense, e na secretaria provincial coruñesa. As votacións comezaron ás 10 da mañá e estenderanse ata as oito da tarde. Toda a información dos resultados, hoxe en Praza.
O PP non tería maioría absoluta en ningunha cidade galega e só o BNG de Pontevedra podería gobernar en solitario, segundo unha enquisa que hoxe publica La Voz de Galicia e que inclúe a irrupción de Podemos, aínda que o partido de Pablo Iglesias non concorre como tal a estes comicios.
Besteiro apela á "responsabilidade" e á "participación" da militancia nas primarias deste domingo para elixir aspirantes á alcaldía en nove localidades e o secretario provincial da Coruña. As bases do PSdeG deben votar "pensando na cidadanía", di.
Falece aos 89 anos o escritor, historiador, sacerdote e teólogo Francisco Carballo, quen desenvolveu un amplo labor cultural e político no país ao longo da súa vida. No outono de 2013 foi entrevistado en Irmandade TV.
O alcalde de Cortegada polo PSdeG e a da Bola polo BNG serán candidatos do PP nas vindeiras eleccións municipais. José Manuel Baltar vén de presentalos como "incorporacións" do partido de Feijóo.
O Consello Nacional do BNG aproba por unanimidade os primeiros treitos das candidaturas municipais nas cidades e principais vilas. A información, esta tarde en Praza.
#29N As Marchas enchen xa o Obradoiro, onde os bombeiros da Coruña veñen de ser recibidos entre aplausos e ao berro de "oa bombeiros si son compañeiros". A información da mobilización, hoxe en Praza.
O PP presiona as televisións privadas coa posible volta da publicidade a TVE para que non sexan críticas co Goberno de España, segundo relatan fontes do sector a El Diario