Falece aos 89 anos o escritor, historiador, sacerdote e teólogo Francisco Carballo, quen desenvolveu un amplo labor cultural e político no país ao longo da súa vida. No outono de 2013 foi entrevistado en Irmandade TV.
Fálase
O alcalde de Cortegada polo PSdeG e a da Bola polo BNG serán candidatos do PP nas vindeiras eleccións municipais. José Manuel Baltar vén de presentalos como "incorporacións" do partido de Feijóo.
O Consello Nacional do BNG aproba por unanimidade os primeiros treitos das candidaturas municipais nas cidades e principais vilas. A información, esta tarde en Praza.
#29N As Marchas enchen xa o Obradoiro, onde os bombeiros da Coruña veñen de ser recibidos entre aplausos e ao berro de "oa bombeiros si son compañeiros". A información da mobilización, hoxe en Praza.
- #29N As columnas das Marchas da Dignidade achéganse ao Obradoiro ao berro de "pan, traballo e teito".
O PP presiona as televisións privadas coa posible volta da publicidade a TVE para que non sexan críticas co Goberno de España, segundo relatan fontes do sector a El Diario
A Fiscalía pide a documentación da autovía da Costa da Morte tras a denuncia do BNG por posible "prevaricación" da Xunta, que envía papeis dende o bipartito, conta Faro de Vigo. O Goberno galego disponse a liberar a empresa construtora de construír case a metade da infraestrutura cunha lei á medida.
O PP volve adiar o recorte de escanos do Parlamento, que Feijóo presentou como "urxente" hai máis de dous anos, segundo adianta La Voz
O Consello Nacional do Bloque ratifica esta mañá os primeiros treitos das candidaturas BNG-Asembleas Abertas para as municipais de maio. A información, hoxe en Praza.
As columnas das Marchas da Dignidade comezan a entrar en Santiago. Desembocarán contra as 12 do mediodía na Praza do Obradoiro. Toda a información, hoxe en Praza.