As columnas das Marchas da Dignidade comezan a entrar en Santiago. Desembocarán contra as 12 do mediodía na Praza do Obradoiro. Toda a información, hoxe en Praza.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/547974f4c7f4b-b3lsyd4ceamiq5y.jpg)
As columnas das Marchas da Dignidade comezan a entrar en Santiago. Desembocarán contra as 12 do mediodía na Praza do Obradoiro. Toda a información, hoxe en Praza.
O Tribunal Supremo prevé pronunciarse no primeiro trimestre de 2015 sobre o recurso de casación presentado pola Xunta e a Fiscalía contra a sentenza do Prestige
Persoal de TVE mobilízase no interior da sede da canle estatal tras as destitucións de tres xefes de área e catro adxuntos, segundo sinala o Consello de Informativos
Besteiro convoca para o vindeiro luns o pleno extraordinario pedido polo PP este mediodía para tratar monograficamente o rexistro xudicial practicado na Deputación de Lugo a pasada semana.
O Goberno central evita ter que dar explicacións sobre o cesamento de Ana Mato. Ningún dos medios aos que se lles permitiu preguntar tras o Consello de Ministros formulou cuestión ningunha ao respecto. Recólleo El Diario
A Copa do Rei de baloncesto xogarase no 2016 no Coliseum da Coruña co Obradoiro como anfitrión, segundo vén de anunciar a ACB
A Policía confirma o falecemento dunha das axentes feridas no tiroteo durante un atraco a unha sucursal de Abanca en Vigo
Dous policías feridos e un atracador morto no atraco a unha sucursal de Abanca en Vigo. Está a contalo El País
CxG proclama a Rafael Cuiña como candidato á Alcaldía de Lalín
Este venres celébrase o Día das Librarías, un dos sectores que máis sofre a crise, con peches e caídas do 7% nas súas vendas no último ano. Diario Turing analiza as novas alternativas que se abren para estes establecementos, coma o préstamo dixital