Dous policías feridos e un atracador morto no atraco a unha sucursal de Abanca en Vigo. Está a contalo El País
Fálase
CxG proclama a Rafael Cuiña como candidato á Alcaldía de Lalín
Este venres celébrase o Día das Librarías, un dos sectores que máis sofre a crise, con peches e caídas do 7% nas súas vendas no último ano. Diario Turing analiza as novas alternativas que se abren para estes establecementos, coma o préstamo dixital
Rubén Cela recunca como candidato do BNG á Alcaldía de Santiago. Goretti Sanmartín ocupará o número 2 da candidatura BNG-Asembleas Abertas e Rafael Vilar, o 3.
O Concello de Tomiño recolle o premio de Unicef 'Boas Prácticas, Dereitos da Infancia e Política Municipal 2014'.
A economía galega estáncase polo freo do consumo e do investimento. Analízao Faro de Vigo recollendo os datos publicados o xoves polo IGE.
Fomento muda o xeito de analizar os riscos ferroviarios polo accidente de Angrois. Recólleo La Voz
O naval ferrolán esixe a dimisión do alcalde, José Manuel Rey, pola súa "submisión ao PP" e as súas "propostas populistas" para o sector. Recólleo El País
A empresa de comunicación que xestiona as redes sociais de Turismo da Coruña asume como propio o "erro de tradución" que a levou a difundir unha mensaxe con defectos ortográficos e pide desculpas por ela.
O departamento de Turismo da Coruña pregunta, nunha mensaxe redactada en galego, se "as subido" ao Monte de San Pedro