A economía galega estáncase polo freo do consumo e do investimento. Analízao Faro de Vigo recollendo os datos publicados o xoves polo IGE.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/547808ea35687-freno-consumo-1.jpg)
A economía galega estáncase polo freo do consumo e do investimento. Analízao Faro de Vigo recollendo os datos publicados o xoves polo IGE.
Fomento muda o xeito de analizar os riscos ferroviarios polo accidente de Angrois. Recólleo La Voz
O naval ferrolán esixe a dimisión do alcalde, José Manuel Rey, pola súa "submisión ao PP" e as súas "propostas populistas" para o sector. Recólleo El País
A empresa de comunicación que xestiona as redes sociais de Turismo da Coruña asume como propio o "erro de tradución" que a levou a difundir unha mensaxe con defectos ortográficos e pide desculpas por ela.
O departamento de Turismo da Coruña pregunta, nunha mensaxe redactada en galego, se "as subido" ao Monte de San Pedro
Podemos presenta as súas propostas económicas, con medidas como negociar a débeda cos mercados ou unha renda básica para persoas sen recursos. Recólleo El Diario
A familia e os activistas abandonan a casa ameazada de desaloxo en Elviña, que comeza a ser derrubada. Os donos da vivenda e os cidadáns que intentaron deter o desaloxo abandonaron voluntariamente o inmoble superados pola presión policial. "É unha resistencia pacífica, non queremos xustificar a súa violencia", asegura o avogado de Stop Desafiuzamentos, que aclara que este despexo é impulsado "unicamente polo Concello da Coruña" pola construción do parque Ofimático. Toda a información, esta tarde en Praza.
A Policía Local da Coruña sobe ao tellado de Elviña onde se atopan os activistas anti desafiuzamentos para permitir que a vivenda sexa desaloxada. Os bombeiros, novamente, néganse a colaborar.
Cáritas denuncia que hai máis de 3.600 persoas que en Galicia viven na rúa en “condicións precarias” e reclama “unha vivenda digna para todo o mundo”. O director de Cáritas Diocesana de Santiago, José Anuncio Mouriño Rañó, destacou que entre este colectivo cada vez hai máis mulleres e persoas novas, conformándose un novo perfil de persoas sen fogar. Máis información, hoxe en Praza.
En Elviña, a escavadora comeza a tirar os muros con xente aínda subida ao tellado