A familia e os activistas abandonan a casa ameazada de desaloxo en Elviña, que comeza a ser derrubada. Os donos da vivenda e os cidadáns que intentaron deter o desaloxo abandonaron voluntariamente o inmoble superados pola presión policial. "É unha resistencia pacífica, non queremos xustificar a súa violencia", asegura o avogado de Stop Desafiuzamentos, que aclara que este despexo é impulsado "unicamente polo Concello da Coruña" pola construción do parque Ofimático. Toda a información, esta tarde en Praza.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5477094a6af5d-desaloxo.jpg)