Os fiscais Anticorrupción enfróntanse de novo ao seu xefe pola denuncia contra tres compañeiros do Ministerio público. Cóntao eldiario.es

Os fiscais Anticorrupción enfróntanse de novo ao seu xefe pola denuncia contra tres compañeiros do Ministerio público. Cóntao eldiario.es
A galega Verónica Boquete clasifícase para a final da Champions League co Paris Saint-Germain. O equipo da compostelá enfrontarse na final de Cardiff ao Olympique Lyonnais (Imaxe: PSG)
O Consello das Mareas acorda a convocatoria do plenario da organización para a "primeira quincena de xullo". Na primeira xuntanza tras a elección da coordinadora o Consello aprobou o reparto de "funcións e responsabilidades" na dirección con "16 votos favorables e 9 abstencións", segundo informou o seu voceiro, Luís Villares, en rolda de prensa.
Caballero augura que Susana Díaz será secretaria xeral do PSOE e presidenta do Goberno de España nun mitin en Vigo de apoio á súa candidatura ante unhas 300 persoas. A presidenta andaluza asegurou que non deixará "que ninguén diga ao PSOE o que ten que facer" durante o acto, inserido nunha axenda que tamén inclúe encontros con militantes en Lugo e Ourense.
O pleno de Lalín aproba a retirada da distinción de fillo adoptivo ao ditador Francisco Franco por unanimidade a proposta do goberno municipal. Recólleo Faro de Vigo
Desbloqueados os orzamentos da Coruña tras aprobaren PP e PSOE unha baixa na previsión de ingresos de 5,65 millóns. O goberno da Marea Atlántica considera esta modificación un "recorte inxustificado" e os populares interpretan que lograron rectificar unha "actitude chavista" do alcalde. Recólleo La Opinión de A Coruña
Breogán, Ourense e Básquet Coruña competirán polo ascenso á ACB tras a fin da liga regular na LEB. O equipo lucense, segundo na clasificación final da liga regular, contará co factor cancha a favor no play off que comeza o vindeiro venres, día 5. Os breoganistas xogan esta primeira fase contra o Palma, o Ourense enfróntase ao Oviedo e o Coruña, ao Palencia.
Trump chega aos primeiros 100 días de mandato asegurando que ningún presidente lograra "tanto" nese período. Esta información de The Guardian que recolle eldiario.es compara a primeira etapa do actual presidente estadounidense cos inicios dos seus antecesores.
A folga xeral paraliza as principais cidades do Brasil contra o recorte laboral de Temer e mais das prestacións sociais do Estado. A revista Carta Capital ofrece un amplo especial das mobilizacións que, destaca, tiveron diante unha "forte repressão policial".
Susana Díaz comeza en Ferrol os seus actos en Galicia dentro da campaña pola secretaría xeral do PSOE. A presidenta andaluza participará tamén en encontros con militantes na Coruña, Lugo ou Ourense. Esta semana Pedro Sánchez tamén recabou apoios entre a militancia do PSdeG e Patxi López tamén prevé novos eventos en Galicia.