O pleno de Lalín aproba a retirada da distinción de fillo adoptivo ao ditador Francisco Franco por unanimidade a proposta do goberno municipal. Recólleo Faro de Vigo

O pleno de Lalín aproba a retirada da distinción de fillo adoptivo ao ditador Francisco Franco por unanimidade a proposta do goberno municipal. Recólleo Faro de Vigo
Desbloqueados os orzamentos da Coruña tras aprobaren PP e PSOE unha baixa na previsión de ingresos de 5,65 millóns. O goberno da Marea Atlántica considera esta modificación un "recorte inxustificado" e os populares interpretan que lograron rectificar unha "actitude chavista" do alcalde. Recólleo La Opinión de A Coruña
Breogán, Ourense e Básquet Coruña competirán polo ascenso á ACB tras a fin da liga regular na LEB. O equipo lucense, segundo na clasificación final da liga regular, contará co factor cancha a favor no play off que comeza o vindeiro venres, día 5. Os breoganistas xogan esta primeira fase contra o Palma, o Ourense enfróntase ao Oviedo e o Coruña, ao Palencia.
Trump chega aos primeiros 100 días de mandato asegurando que ningún presidente lograra "tanto" nese período. Esta información de The Guardian que recolle eldiario.es compara a primeira etapa do actual presidente estadounidense cos inicios dos seus antecesores.
A folga xeral paraliza as principais cidades do Brasil contra o recorte laboral de Temer e mais das prestacións sociais do Estado. A revista Carta Capital ofrece un amplo especial das mobilizacións que, destaca, tiveron diante unha "forte repressão policial".
Susana Díaz comeza en Ferrol os seus actos en Galicia dentro da campaña pola secretaría xeral do PSOE. A presidenta andaluza participará tamén en encontros con militantes na Coruña, Lugo ou Ourense. Esta semana Pedro Sánchez tamén recabou apoios entre a militancia do PSdeG e Patxi López tamén prevé novos eventos en Galicia.
PP, PSOE e Ciudadanos impiden tramitar a solicitude de comisión de investigación sobre Angrois no Congreso. A petición fora formulada por En Marea este mércores. Os grupos que se opuxeron á tramitación argumentan que a proposta xa foi rexeitada en pleno o pasado ano.
Tellado (PP) anuncia unha rolda de visitas de Feijóo a pequenos concellos "agora que a climatoloxía o permite" e acusa a oposición de exercer o "macarrismo populista" do que "fan gala as mareas de Podemos". "A esquerda non contribúe a dignificar a vida política de Galicia", conclúe o 'número dous' dos conservadores.
VÍDEO | Eu teño fame de regueifar! O concurso Enreguéifate chega aos seus últimos tres días. O certame, promovido polo departamento de lingua do Concello de Santiago, aposta por recuperar este xénero como vehículo para potenciar o uso do galego.
O xefe de persoal da Deputación de Ourense, citado nun caso de presunta fraude en cursos de formación, segundo adianta Faro de Vigo. O tamén alcalde de Monterrei foi imputado en 2016 na investigación contra José Manuel Baltar polo suposto ofrecemento dun emprego a cambio de sexo e en xuño dese ano o presidente da Deputación ourensá nomeou unha directora que controla o seu traballo.