Un militante do PSOE da Coruña, Ángel Burgos, pugnará finalmente con Pachi Vázquez por ser candidato do PSOE, segundo informa Europa Press. Consciente da súa dificultade para acadar os avais necesarios no Comité Nacional do partido, a súa intención é iniciar un movemento na militancia para forzar a convocatoria de primarias na primeira quincena de setembro.
Fálase
Sindicatos de varios países estarían negociando a convocatoria conxunta dunha folga xeral en todo o sur de Europa, nomeadamente España, Portugal, Italia e Grecia, na primeira semana de outubro, que coincidiría co inicio da campaña electoral en Galicia. Unha información de Cuarto Poder.
Alberto Núñez Feijoo saca peito nun acto en Ribeira e afirma que "hoxe Galicia paga e Catalunya pide"
O candidato do BNG, Francisco Jorquera, faise eco no seu twitter dos rumores que sitúan a petición de rescate en novembro, xusto despois das eleccións galegas. Denuncia que "o PP manipula e oculta información por intereses eleitorais".
O economista Manuel Lago publica hoxe un duro artigo en La Voz de Galicia no que cualifica de "fracaso" para Feijoo o adianto electoral e afirma que "o balance da súa xestión económica coloca ao Goberno Feijoo como o peor de toda a historia democrática de Galicia". Engade, ademais, que "foi o campión dos recortes pero non da austeridade, porque en tres anos xerou un volume de débeda pública igual á acumulada nos 25 anos anteriores".
Máis de tres mil afiliados do Sindicato Andaluz de Trabajadores completaron onte en Cádiz a marcha a pé iniciada hai uns días. Foron recibidos por máis de catro mil persoas, entre eles un amplo grupo de traballadores de Navantia.
Mitt Romney, designado oficialmente candidato republicano á Presidencia. A dous meses das eleccións Obama mantén unha axustada vantaxe, de ao redor de dous puntos (47%-45%), e domina algúns dos estados clave para gañar. Segundo as enquisas, o actual presidente tería garantidos 258 votos electorais (dos 270 necesarios), fronte aos 191 de Romney. Ohio, Florida, Virxinia ou Carolina do Norte serán decisivos.
Un grupo de afectados pola preferentes protestaron onte en Sanxenxo, no remate da etapa da Vuelta. Reuníronse con Gustavo César Veloso, único corredor galego na rolda, que se solidarizou co colectivo
O Goberno francés baixará seis céntimos o prezo das gasolinas esta semana, despois de chegar a un acordo coas empresas produtoras e de distribución. Hollande di que adoptou esta decisión porque non se pode cargar todo o peso da crise sobre os cidadáns.
La Región publica este mércores un reconto dos proxectos que o Goberno de Alberto Núñez Feijoo deixa aparcados ao adiantar as eleccións