Un grupo de afectados pola preferentes protestaron onte en Sanxenxo, no remate da etapa da Vuelta. Reuníronse con Gustavo César Veloso, único corredor galego na rolda, que se solidarizou co colectivo

Un grupo de afectados pola preferentes protestaron onte en Sanxenxo, no remate da etapa da Vuelta. Reuníronse con Gustavo César Veloso, único corredor galego na rolda, que se solidarizou co colectivo
O Goberno francés baixará seis céntimos o prezo das gasolinas esta semana, despois de chegar a un acordo coas empresas produtoras e de distribución. Hollande di que adoptou esta decisión porque non se pode cargar todo o peso da crise sobre os cidadáns.
La Región publica este mércores un reconto dos proxectos que o Goberno de Alberto Núñez Feijoo deixa aparcados ao adiantar as eleccións
O BNG encabeza unha delegación de representantes dos sectores pesqueiro e marisqueiro que neste momento está reunida en Bruxelas coa comisaria europea de pesca, a grega Maria Damanaki.
O BNG de Oza votará en contra da fusión con Cesuras no pleno que se celebrará este xoves. A formación critica que o informe presentado polo Concello "non aclara que vai significar para os habitantes de Oza a fusión"
A xustiza francesa abre unha investigación pola morte de Yasser Arafat, despois de que a súa viúva denunciase que foi asasinado
O BNG denuncia que o Concello da Coruña convocou dous concursos por procedemento negociado para o mesmo obxecto (a promoción do comercio tradicional) para evitar que o contrato superase os cen mil euros e tivese que ser convocado por concurso aberto
Os deputados de Izquierda Plural abandonan a Deputación Permanente do Congreso, en protesta pola actitude do PP, que anunciara antes do debate que votaría en contra de todas as peticións de comparecencia
A Generalitat de Catalunya pide un rescate de 5.023 millóns de euros e afirma que non aceptará "condicións políticas complementarias" pois "pedir un rescate a Europa e ao Estado español son dúas cousas diferente. Porque os cartos que pedimos páganos os propios cataláns"
A Sociedad Española de Farmacia Comunitaria pide que a lista de medicamentos que o Estado deixará de pagar inclúa "máis excepcións", pois a lista inclúe fármacos indicados "para tratar doenzas que non se poden considerar leves, coma a EPOC e a fibrose quística".