A Generalitat de Catalunya pide un rescate de 5.023 millóns de euros e afirma que non aceptará "condicións políticas complementarias" pois "pedir un rescate a Europa e ao Estado español son dúas cousas diferente. Porque os cartos que pedimos páganos os propios cataláns"
Fálase
A Sociedad Española de Farmacia Comunitaria pide que a lista de medicamentos que o Estado deixará de pagar inclúa "máis excepcións", pois a lista inclúe fármacos indicados "para tratar doenzas que non se poden considerar leves, coma a EPOC e a fibrose quística".
O aínda presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, xa está en plena precampaña electoral e vén de anunciar que, se é reelixido, reducirá gasto farmacéutico e de persoal
Un tribunal de Brasília permite continuar as obras da central hidroeléctrica de Belo Monte, que se converterá na terceira maior deste tipo a nivel mundial cando entre en funcinamento.
O Ártico rexistra un descenso histórico da superficie cuberta polo xeo cando falan semanas para que remate a tempada de desxeo, alerta a NASA.
ElDiario.es analiza as recomendacións internacionais que España non atende, tanto no ensino, nos dereitos económicos, no acceso para descapacitados ou na exportación de armas
A economía española cae un 0,4% no segundo trimestre do ano e acumula unha caída interanual do 1,3%. A contracción do consumo segue sendo o gran culpable da recesión, e podería contraerse aínda máis a partir do 1 de setembro, co ascenso do IVE.
O Consello de Administración da RTP rexeita o proxecto do Goberno portugués de privatizar a radio e a televisión públicas
A suba do IVE levará o prezo do litro de gasolina por riba dos 1,7 euros. Na actualidade xa supera a marca histórica dos 1,5 euros
La Región volve cargar contra Feijoo hoxe ao informar do adianto electoral: "21 de octubre: elecciones tras una legislatura perdida para Ourense"