O Consello de Administración da RTP rexeita o proxecto do Goberno portugués de privatizar a radio e a televisión públicas
Fálase
A suba do IVE levará o prezo do litro de gasolina por riba dos 1,7 euros. Na actualidade xa supera a marca histórica dos 1,5 euros
La Región volve cargar contra Feijoo hoxe ao informar do adianto electoral: "21 de octubre: elecciones tras una legislatura perdida para Ourense"
The Guardian publica unha entrevista cunha das integrantes das Pussy Riot, realizada na prisión a través dos seus avogados. Yekaterina Samutsevich afirma que se atopan en celas separadas e que desexan "máis ca nunca" acabar so poder absoluto de Putin. Advirte, así mesmo, que a xente en Rusia xa non percibe o poder do mandatario da mesma forma e que comeza a perder o medo.
Amnistía Internacional suspende a España por non investigar suficientemente os casos de tortura e malos tratos por parte das forzas policiais. A organización urxe o Goberno español a crear un "mecanismo independente e con recursos" para levar a cabo estas investigacións.
A CIG proporalles e CC.OO. e UGT a convocatoria dunha folga xeral para o 26 de setembro, e en todo caso pediralles que se realice antes das eleccións galegas
Juan Varela explica as consecuencias da batalla entre Apple e Samsung e da sentenza que condena esta última empresa por copiar patentes. Afirma que, ademais de afianzar o dominio de Apple, a decisión encarecerá os prezos dos smartphones e ralentizará a súa expansión.
O Goberno irlandés derruba dous edificios froito da burbulla inmobiliaria que provocou en parte a crise económica do país. Na actualidade eran propiedade do banco malo creado para concentrar os activos tóxicos e negocios inmobiliarios ruinosos.
Falece Óscar Fernández Refoxo, fundador da Agrupación Cultural O Galo, a primeira iniciativa galega de asociacionismo civil no franquismo
Primeiro anuncio electoral. Rajoy anunciará "nuns días" a data de chegada do AVE a Galicia, segundo afirmou esta mañá en Ourense a ministra de Fomento, Ana Pastor.