Falece Óscar Fernández Refoxo, fundador da Agrupación Cultural O Galo, a primeira iniciativa galega de asociacionismo civil no franquismo
Fálase
Primeiro anuncio electoral. Rajoy anunciará "nuns días" a data de chegada do AVE a Galicia, segundo afirmou esta mañá en Ourense a ministra de Fomento, Ana Pastor.
O Comité Nacional do PSdeG elixirá a Pachi Vázquez como candidato á presidencia da Xunta o vindeiro sábado. Poderán presentarse outras candidaturas, pero Xosé Blanco xa anuncia que non se presentará e que apoia a Vázquez, e é probable que Francisco Caamaño faga o mesmo hoxe.
A Fiscalía da Audiencia Nacional oponse á concesión da liberdade condicional a Iosu Uribetxeberria Bolinaga
O veleiro Estelle, que conforma a terceira Frota da Liberdade para rachar o bloqueo de Gaza, chegou este domingo a Donostia, onde foi recibido por centos de persoas e polas autoridades políticas da cidade e de Guipúscoa.
As redes sociais comentan as numerosas erratas e erros ortográficos da conta de twitter oficial da Xunta.
Feijoo confirma a convocatoria das eleccións para o 21 de outubro. Cualifica o momento actual de "extraordiaria dificultade económica" e xustifica o adianto na necesidade de aprobar os orzamentos de 2013 cun goberno saído das urnas. Pide, ademais, "unidade política" e acusa a oposición de buscar "intereses partidistas", por exemplo ao negarse a aprobar a reforma electoral pensada para beneficiar ao PP.
Comeza, con certo atraso, a comparecencia de Alberto Núñez Feijoo, na que se espera que anuncie a disolución do Parlamento e a convocatoria de eleccións para o 21 de outubro.
O BNG denuncia que a Compañía de Tranvías da Coruña reparte 3 millóns de euros de beneficios entre os seus accionistas despois de recibir 8 millóns en axudas públicas.
Gonzalo Cortizo publica en ElDiario.es a súa crónica sobre o adianto electoral, titulada Feijóo, abofeteado por las margaritas: "Feijóo sabe agora que Rajoy prefire quitar urnas do medio; unha vez celebradas as eleccións vascas e galegas, ao de Pontevedra quedaríanlle por diante dous anos sen carteis electorais e sen a presión que iso supón".