A Fiscalía da Audiencia Nacional oponse á concesión da liberdade condicional a Iosu Uribetxeberria Bolinaga
Fálase
O veleiro Estelle, que conforma a terceira Frota da Liberdade para rachar o bloqueo de Gaza, chegou este domingo a Donostia, onde foi recibido por centos de persoas e polas autoridades políticas da cidade e de Guipúscoa.
As redes sociais comentan as numerosas erratas e erros ortográficos da conta de twitter oficial da Xunta.
Feijoo confirma a convocatoria das eleccións para o 21 de outubro. Cualifica o momento actual de "extraordiaria dificultade económica" e xustifica o adianto na necesidade de aprobar os orzamentos de 2013 cun goberno saído das urnas. Pide, ademais, "unidade política" e acusa a oposición de buscar "intereses partidistas", por exemplo ao negarse a aprobar a reforma electoral pensada para beneficiar ao PP.
Comeza, con certo atraso, a comparecencia de Alberto Núñez Feijoo, na que se espera que anuncie a disolución do Parlamento e a convocatoria de eleccións para o 21 de outubro.
O BNG denuncia que a Compañía de Tranvías da Coruña reparte 3 millóns de euros de beneficios entre os seus accionistas despois de recibir 8 millóns en axudas públicas.
Gonzalo Cortizo publica en ElDiario.es a súa crónica sobre o adianto electoral, titulada Feijóo, abofeteado por las margaritas: "Feijóo sabe agora que Rajoy prefire quitar urnas do medio; unha vez celebradas as eleccións vascas e galegas, ao de Pontevedra quedaríanlle por diante dous anos sen carteis electorais e sen a presión que iso supón".
CDC acudirá á manifestación independentista do 11 de setembro, convocada pola Assemblea Nacional Catalana. Este martes o Goberno catalán decidirá se participa institucionalmente na marcha, unha posibilidade que xa espertou críticas en populares e socialistas.
El Mundo e La Razón publicaron onte e hoxe senllas enquisas de intención de voto para as eleccións vascas. Unha e outra indican un axustado triunfo do PNV sobre EH-Bildu, cunha gran diferenza sobre PSE e PP que perden deputados. Segundo El Mundo, Urkullu obtería 24-25 deputados (22-25 para La Razón), cun descenso de até oito escanos con respecto a 2009. EH-Bildu podería chegar ao 22 deputados, o PSE descendería até os 17 (14-16 para La Razón) e o PP ficaría en 12, 11-13 para La Razón, que prevé 2 escanos para IU e 1 para UPyD.
As eleccións ao Parlamento galego celebraranse o 21 de outubro, coincidindo coas de Euskadi. Alberto Núñez Feijoo realizará o anuncio oficial ás once e media da mañá, na rolda de prensa posterior a unha reunión extraordinaria do Consello da Xunta. Máis información, nuns minutos en Praza