A xustiza francesa abre unha investigación pola morte de Yasser Arafat, despois de que a súa viúva denunciase que foi asasinado
Fálase
O BNG denuncia que o Concello da Coruña convocou dous concursos por procedemento negociado para o mesmo obxecto (a promoción do comercio tradicional) para evitar que o contrato superase os cen mil euros e tivese que ser convocado por concurso aberto
Os deputados de Izquierda Plural abandonan a Deputación Permanente do Congreso, en protesta pola actitude do PP, que anunciara antes do debate que votaría en contra de todas as peticións de comparecencia
A Generalitat de Catalunya pide un rescate de 5.023 millóns de euros e afirma que non aceptará "condicións políticas complementarias" pois "pedir un rescate a Europa e ao Estado español son dúas cousas diferente. Porque os cartos que pedimos páganos os propios cataláns"
A Sociedad Española de Farmacia Comunitaria pide que a lista de medicamentos que o Estado deixará de pagar inclúa "máis excepcións", pois a lista inclúe fármacos indicados "para tratar doenzas que non se poden considerar leves, coma a EPOC e a fibrose quística".
O aínda presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, xa está en plena precampaña electoral e vén de anunciar que, se é reelixido, reducirá gasto farmacéutico e de persoal
Un tribunal de Brasília permite continuar as obras da central hidroeléctrica de Belo Monte, que se converterá na terceira maior deste tipo a nivel mundial cando entre en funcinamento.
O Ártico rexistra un descenso histórico da superficie cuberta polo xeo cando falan semanas para que remate a tempada de desxeo, alerta a NASA.
ElDiario.es analiza as recomendacións internacionais que España non atende, tanto no ensino, nos dereitos económicos, no acceso para descapacitados ou na exportación de armas
A economía española cae un 0,4% no segundo trimestre do ano e acumula unha caída interanual do 1,3%. A contracción do consumo segue sendo o gran culpable da recesión, e podería contraerse aínda máis a partir do 1 de setembro, co ascenso do IVE.